lunes, 21 de octubre de 2013

Cadete: C.B. As Pontes 36 - 31 C.B. Arteixo

Partido disputado o sábado ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de As Pontes, correspondente á primeira xornada da 2ª división cadete masculino.

Comezaban os arteixáns dormidos, o que aproveitaron os locais para ir distanciándose no marcador durante o primeiro periodo. A defensa dos arteixáns non era boa e o balón en ataque non circulaba. Os erros de cara ó aro dos locais facía que a vantaxe non fose moi elevada (10-4).

O segundo periodo comezaba ó revés que o primeiro. Os arteixáns máis concentrados e menos nerviosos, dominaban dende a defensa e aseguraban o rebote. No ataque, a confianza no 1x1 facía que conseguisen boas accións de lanzamento aínda que non conseguían anotar con asiduidade. Chegouse ó descanso con empate no marcador (14-14).

Despois do descanso, volveron os arteixáns a saír despistados e encaixaron un parcial que poñía por diante ós locais. Conseguiron rebaixar esa vantaxe a base dun gran esforzo defensivo, pero ó non estar acertados no ataque, os locais seguían mantendo a vantaxe ó remate do terceiro periodo (26-23).

No último periodo, mantívose a igualdade. Chegouse a falta de 2 minutos cun 32-31 no marcador, que se resolveu a favor dos locais en dúas accións puntuais rematadas con canastra ás cales non puideron responder os arteixáns debido á súa falta de acerto de cara á canastra. Finalmente, o marcador reflexou un 36-31. 

A próxima xornada, o C.B. Arteixo cadete xogará como local ante o Compañía de María de A Coruña. O partido comezará o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo


Por parte do C.B. As Pontes xogaron Pérez, Allegue, Pico, Rodríguez, Pardo, Ruíz, Orejas, Ramos e Calvo
Adestrador: Vicente Seoane

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel, Aimán, Jonathan, Javi, Adrián Vázquez, Antón, Adrián Zas, Mario, José, Carlos, Adrián Ponte e Víctor

No hay comentarios:

Publicar un comentario