Partido correspondente á segunda xornada da 4ª división masculina, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
31 - 66 (6-16, 6-14, 3-16, 16-20)
Xa ó comezo do partido se viu a diferenza de intensidade entre un equipo e o outro. Os de Arteixo non saíron coa concentración necesaria e os de IDEFIC saíron a morder tanto na defensa como no ataque.
Os dous primeiros periodos foron un calco. Imprecisións no pase dos locais, case inéditos no rebote defensivo,... Grazas a que os visitantes estaban bastante desacertados no lanzamento exterior as diferenzas non foron demasiado elevadas ó descanso (12-30)
Pero non quedou aí, o terceiro periodo foi malo para os locais, sobre todo no aspecto ofensivo, xa que non conseguían anotar ningunha canastra en xogo, só 3 lanzamentos libre. Aínda que se mellorou na circulación do balón. A defensa seguía a ser igual, pero neste periodo, tras o primeiro acerto triple dos visitantes, anotaron outros cinco máis ata o final do partido.
No último periodo, mellorou a cara dos arteixáns, axudados un pouco no descenso da intensidade dos visitantes, que serviu para que a diferenza no marcador non se disparase demasiado.
Hai un traballo pendente de mellorar a concentración nos partidos, xa que os adestramentos están a ser bos, pero os despistes e "empanadas" de 5-8 minutos fan que os partidos se nos volvan moi costa arriba para poder estar preto no marcador e poder ter opcións reais de gañar o partido.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Cotelo (7), Juan Carlos (6), Manu (0), Pavo (0), Víctor (7), David Lago (0), Arkaitz (0), Dylan (5), Adrián (2), Pablo (2), David Merelas (0) e Dany (2)
Adestrador. Germán Lozano
Por parte de IDEFIC xogaron Fernández (4), García (2), Vázquez (3), J Pérez (0), Rodríguez (23), Dapena (6), M Pérez (0), Timiraos (7), J Pérez (3), Niñe (9) e Enríquez (9)
Adestrador: Iván García
A vindeira semana non hai competición, polo que o C.B. Arteixo disputará o seu seguinte partido o venres 8 de novembro ás 21:15 horas no Pavillón de Tarrío ante o Dinamo CBAJ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario