lunes, 14 de octubre de 2013

Senior 2ª división: C.B. Arteixo 53 - 56 Caferlo Viveiro

Comezou a liga para os xogadores de Fran Lozano despois de descansar na primeira xornada, e foi cunha derrota na casa contra un dos equipos que parten como favoritos, o Caferlo Viveiro, por tres puntos de diferenza.

O partido comezou frío, cos dous equipos faltos de acerto, así o resultado ós 4 minutos de xogo era un pobre 3-2, despois de estar os arteixáns sen anotar ata ese momento. A partires de aí, os ataques asentáronse un pouco e xa se comezou a anotar regularmente sen os erros do principio. Finalizou o primeiro periodo cun 14-18 a favor dos de Viveiro.

No segundo periodo, o marcador seguía igualado con vantaxes moi curtas que se repartían entre os dous equipos, pero os locais recuperaron o marcador para chegar ó descanso con igualdade no marcador (27-27).

O arranque do terceiro periodo foi malo para os arteixáns, o que aproveitaron os visitantes para chegar a ter 9 puntos de vantaxe. Esto fixo que os arteixáns fosen a remolque case todo o periodo, con moitas dificultades para anotar e case sen segundas opcións, xa qeu o rebote era totalmente controlado polos de Viveiro. Aínda así, e con bastante esforzo e sen xogar moi ben, a distancia reducíase a 5 puntos cunha canastra de Ramón sobre a bocina (39-44).

Comezaba o último periodo cos locais 5 puntos abaixo, pero poucoa a pouco a cousa foise igualando e chegouse a falta de 24 segundos co Viveiro 3 puntos arriba. Houbo tiros libres para ámbolos dous equipos ata que, a falta de 12 segundos e con 2 puntos de desvantaxe, os arteixáns non foron capaces de lanzar á canastra debido a unha boa defensa dos visitantes, rematando o partido con 3 puntos de vantaxe para os de Viveiro (53-56)

A próxima fin de semana, o C.B. Arteixo buscará a súa primeira victoria en Santiago, o sábado ás 20:00 horas no Pavillón do Colexio Compañía de María de Santiago.

C.B. Arteixo:
Ramón 810), Rober Garnelo (2), Alex Ocampos (6), Alex Antelo (10), Guille (7), Manu (3), Lute (4), Rober Vilariño (9), Mindi (3), Fabián (-)
Ad: Fran Lozano

Caferlo Viveiro:
Franco (0), Ferro (12), F Castro (2), Martínez (15), Oruza (11), Piñón (3), Neira (0), Pedrosa (3), Gómez (8), Souto (-), J Castro (2)
Ad: Pablo Novo

Árbitros: Jorge Blanco e Julián Feijoo

No hay comentarios:

Publicar un comentario