Comezou a tempada con derrota para o equipo junior ante un Maristas Coruña superior en intensidade durante a maioría do partido.
O partido disputouse o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo, no que había aproximadamente 50 espectadores.
Iniciábase o partido con imprecisións por parte dos dous equipos no lanzamento, tónica que seguiría ó longo do periodo. Os dous equipos estaban moi intensos en defensa e eso motivaba que o marcador non fose moi elevado. Unha tripla de Miguel sobre a bocina, daba unha vantaxe de 4 puntos ós locais ó finalizar o periodo (12-8)
No segundo periodo, volveu o cuarto despistado para os arteixáns, quenes non eran capaces de conter na defensa do 1x1 ós visitante, nin asegurar o rebote defensivo. No ataque os arteixáns non eran capaces de conseguir balóns interiores nin de atacar con boas situacións de 1x1, o que provocaba que os visitantes se fosen despegando pouco a pouco no marcador, deixando o marcador ó descanso nun 16-27.
Á volta do descanso, os arteixáns aumentaron a súa intensidade no xogo, pero seguían sen ver aro con facilidade, o que provocaba que as vantaxes se mantivesen e incluso aumentasen un pouco ó remate do terceiro periodo (22-40).
O último periodo, foi similar ó terceiro. Os visitantes controlando o xogo e o rebote para manter a diferenza no marcador, mentres que os arteixáns querían e non podían disminuir a vantaxe no marcador. Chegouse ó final do partido co marcador de 30-52 a favor de Maristas Coruña.
Hai que lamentar a lesión de Juanlu no último minuto de xogo despois de realizar unha acción cara á canastra e pisar a un xogador rival, o que lle impediu seguir disputando o partido.
A próxima semana, o C.B. Arteixo descansa, reanudando a competición a seguinte fin de semana. O partido será, salvo cambios, o sábado 26 ás 12:00 horas no Colexio Santiago Apóstol de Narón contra o Norinver Narón.
A próxima semana, o C.B. Arteixo descansa, reanudando a competición a seguinte fin de semana. O partido será, salvo cambios, o sábado 26 ás 12:00 horas no Colexio Santiago Apóstol de Narón contra o Norinver Narón.
C.B. Arteixo:
Darío, Natahel, Juanlu, Miguel, Leo, Iván, Edu, Eloy, Diego P, Adrián e Fabián.
Non xogaron Jacobo por lesión e Diego F por enfermidade.
Ad: Germán Lozano
Maristas Coruña:
Escariz, Merino, Sández, Seijas, Martínez, Oro, Lago, Dorrego, Oro e Vales.
Ad: C. Illanes
Árbitros: Daniel Rodríguez e Alejandro Sobrino
No hay comentarios:
Publicar un comentario