Esta fin de semana entran en competición o equipo senior de 4ª división e o equipo cadete.
O equipo cadete está encadrado no grupo Coruña AA da 2ª división cadete masculino. O grupo estaba formado por 9 equipos pero a baixa a última hora dun deles, deixou ou grupo formado por 8 equipos e dúas xornadas de descanso. Finalmente o grupo está formado polo C.B. Arteixo, C.B. As Pontes, Calasanz, BCA 98 B, Obradoiro, Maristas Coruña, Mercedarias e Compañía de María.
O equipo adestrado por Arkaitz Collazo debutará o sábado ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de As Pontes ante o equipo local, que ven de gañar por 53 puntos de diferenza ante o BCA98. Partido que asemella difícil para os arteixáns, pero que tratarán de competir e traballar para levarse a victoria de As Pontes
O equipo senior de 4ª división está encadrado no grupo Coruña AB xunto co CDR Ferrol, ACB Costa da Morte, IDEFIC, Dinamo CBAJ e Filloa Jazz.
O equipo adestrado por Germán Lozano comezará a tempada o domingo ás 10:00 horas no Pavillón Javier Gómez Noya de Ferrol ante o CDR Ferrol, equipo que debuta na categoría. O equipo ferrolano está formado polos xogadores veteranos do club, polo que se presenta un partido complicado, xa que son xogadores con experiencia en 1ª e en 2ª división. Aínda así, os xogadores de Germán intentarán realizar un bo traballo para poder levarse a victoria a Arteixo.
O equipo senior de 2ª división realizará o seu primeiro viaxe da tempada para enfrontarse o sábado ás 20:00 horas ó Compañía de María de Santiago no pavillón do Colexio Compañía de María. Buscarán os xogadores de Fran Lozano estrear o seu casilleiro de victorias despois da derrota sufrida a semana pasada ante o Caferlo Viveiro.
O equipo junior terá xornada de descanso, xa que está encadrado nun grupo con 7 equipos. Reanudando a competición a vindeira fin de semana visitando ó Norinver Narón.
¡¡¡MOITA SORTE ÓS NOSOS EQUIPOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario