Despois dos adestramentos e dos amistosos de pretempada, por fin comeza a competición para os equipos do C.B. Arteixo.
Os primeiros equipos en competir son o equipo senior de 2ª división, que defende o seu campionato grupo da anterior tempada, e o equipo junior, que buscará realizar unha boa tempada e conseguir un bo nivel de xogo.
A próxima semana será cando entren en competición os equipos senior de 4ª división e o equipo cadete.
Ámbolos dous partidos se disputarán no Pazo dos Deportes de Arteixo. O C.B. Arteixo senior de 2ª división debutará ás 12:00 horas contra o Caferlo Viveiro despois de descansar na primeira xornada. Os de Viveiro veñen de gañar por 26 puntos de diferenza ó CDR Ferrol e están chamados a ser un dos equipos punteiros do grupo. Difícil papeleta para os xogadores de Fran Lozano neste debut.
Xa pola tarde, ás 17:00 horas, o C.B. Arteixo junior debutará na liga ante o Maristas Coruña, un sempre complicado rival que lle ten tomada a medida ós xogadores de Germán Lozano. Prevese un partido moi duro e igualado entre os dous equipos.
¡¡¡MOITA SORTE ÓS NOSOS EQUIPOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario