jueves, 31 de octubre de 2013

Horarios para o 2 e 3 de novembro

Esta fin de semana está marcada pola ponte do día de Defuntos, polo que non tódolos equipos disputarán a súa xornada esta fin de semana. Só haberá competición na 2ª división senior masculina, na 2ª división cadete masculina e na 2ª división infantil masculina. Ademais, a xornada ten a peculiaridade de que ningún dos nosos equipos disputará o seu partido como local.

2ª división senior masculino  5ª xornada  Carballo Basket Xiria - C.B. Arteixo
Sábado 20:00 horas  Pavillón da Zona Escolar de Carballo
Tratarán os oxgadores de Fran Lozano de plantexar un bo partido e continuar na boa liña de xogo mostrada nos últimos partidos, e que desta vez sirva para poder conseguir un triunfo que xa é necesitado para refrendar dita melloría no xogo. Este derby é a mellor opción para poder conseguir ese punto de inflexión.

4ª división senior masculino  C.B. Arteixo
Non hai competición nesta fin de semana

2ª división junior masculino  C.B. Arteixo
Non hai competición nesta fin de semana

2ª división cadete masculino  3ª xornada  Mercedarias Hotel Suizo - C.B. Arteixo
Domingo  12:00 horas  Colexio Mercedarias de Ferrol
Partido complicado para os xogadores de Arkaitz Collazo, xa que visitan ó lider intratable da liga, que conta os seus partidos por  victorias cunha diferenza moi ampla no marcador. Os arteixáns van con confianza despois da victoria ante Compañía de María. Haberá que disputar un bo partido e estar moi concentrados para poder gañar.

2ª división infantil masculino  2ª xornada  Electrorayma Narón - C.B. Arteixo
Sábado  12:00 horas  Colexio Santiago Apóstol de Narón
os xogadores de Iván García tratarán de continuar a mellora acadada durante estes meses de adestramento para poder competir e disfrutar do partido e, ó mesmo tempo, buscar ter opcións de levarse a victoria para Arteixo e inaugurar o casilleiro de victorias despois de perder no debut ante Artai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario