martes, 29 de octubre de 2013

Cadete: C.B. Arteixo 63 - 35 Compañía de María

Partido correspondente á 3ª xornada da 2ª división cadete masculina disputado o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

63 - 35 (17-6, 9-13, 10-7, 27-9)

Empezou o partido cos arteixáns despistados e Compañía anotando dúas canastras fáciles, o que supuxo que os de Arteixo se puxesen as pilas e intentasen igualar o partido buscando contraataques e penetracións sinxelas no 1x1. Conseguírono cunha boa intensidade, finalizando o primeiro periodo con 11 puntos de vantaxe no marcador.

No segundo periodo, os visitantes trataron de parar os 1x1 dos arteixáns mediante unha defensa zonal 2-3 moi pechada. Conseguírono xa que bloquearon o ataque local e reduciron a vantaxe no marcador ata os 7 puntos ó descanso.

Á volta do descanso, ámbolos dous equipos estaban ansiosos por levarse o partido, saíndo con moitas ganas. O xogo foi bo por parte dos dous equipos, pero o marcador non se decantaba claramente a favor de ningún dos dous equipos, chegando os de Arteixo con 10 puntos a favor no marcador.

No último periodo, o equipo de Arteixo saíu cunha gran motivación, o que provocou que conseguisen moitos roubos de balón e rematar en accións de 1x0. Esto conseguiu romper definitivamente o partido, xa que os visitantes non eran capaces de superar a defensa local. Finalizou o partido cunha vantaxe de 28 puntos a favor dos xogadores de Arkaitz.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Javi, Jonathan, Miguel, Carlos, Mario, José, Aimán, Adrián Ponte, Adrián Zas, Adrián Vázquez e Víctor
Adestrador: Arkaitz Collazo

Por parte do Compañía de María xogaron Feal, Sal, Fernández, Álvarez, Veiga, Rocha, Rodríguez, Sánchez, García, Bermúdez e Torres


A vindeira fin de semana o C.B. Arteixo visitará Ferrol para disputar o seu partido contra o Mercedarias H. Suizo en día e hora por confirmar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario