Partido correspondente á 1º xornada da 2ª división infantil masculino disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
29 - 76 (6-19, 6-18, 9-27, 8-12)
Primeiro partido da tempada para os xóvenes xogadores do C.B. Arteixo no que, como non podía ser doutro xeito, houbo moitas dúbidas.
Sen embargo, puidéronse comezar a ver certos aspectos traballados ó longo deste primeiro mes de adestramentos.
Hai que destacar sobre todo a saída da presión, que en varias fases do partido permitiulle ós arteixáns conseguir boas opcións de canastra.
Como aspectos a mellorar nas próximas xornadas destacaríamos dous fundamentais:
- a defensa do 1x1
- e a máis importante, a toma de decisións de tódolos xogadores, xa que sobre todo na primeira metade do partido os xogadores arteixáns mostráronse moi tímidos á hora de atacar o aro rival. Esto foi corrixido en parte na segunda metade do partido, na que se puido ver unha maior decisión por parte dos xogadores de Iván.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Elías, Dani, Raúl, Yago, Simón, Saúl, Fabio, Hugo e Jacobo
Adestrador: Iván García
Por parte do C.B. Artai xogaron Carlos, Manu, Pérez, Pablo, López, Rubén, González, Edu, Mario e Marco
Adestrador: Diego Rivas
A próxima fin de semana, o C.B. Arteixo desprazarase a Narón para xogar contra o Electrorayma Narón. O partido está previsto para o sábado 2 de novembro ás 18:00 horas no Colexio Santiago Apóstol de Narón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario