Primeiro partido de pretempada para o equipo de Fran Lozano disputado o pasado xoves ás 21:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo contra o Fundación Culleredo.
Duro partido para os arteixáns, que tiñan enfronte un equipo moi intenso, cunha boa mestura de xogadores veteranos e xóvenes.
Comezaba o partido coas típicas imprecisións destas datas, erros no pase e no lanzamento, os cales facían que o marcador se mantivese igualado durante o primeiro periodo. Os visitantes conseguían unha boa circulación de balón, o que lles deixaba boas oportunidades de lanzamento, mentres que os arteixáns non conseguían ataques fluidos.
No segundo periodo, mantíñase a tónica do anterior, anque sempre os cullerdenses por enriba no marcador, pero non con vantaxes moi elevadas (5-7 puntos).
Á volta do descanso melloraron os arteixáns, pero os ataques seguían sen ser todo o fluidos que desexaban, aumentando a mala toma de decisións no ataque. Pola súa banda, os visitantes mantiñan o seu xogo e a circulación de balón, o que lles facía sufrir ós arteixáns na defensa.
No último periodo, despegáronse os visitantes no marcador grazas ó seu acerto no lanzamento e ó descenso do acerto e da intensidade na defensa dos arteixáns. Traballaron os arteixáns para remontar e apretar o marcador, pero non foron capaces froito do seu desacerto de cara ó aro.
Finalizou o partido 56 - 65 a favor dos xogadores de David Castañón.
A vindeira fin de semana repetirase o partido, pero desta vez serán os xogadores de Fran Lozano os que visiten Culleredo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario