Esta fin de semana continúan os partidos de pretempada para os equipos do C.B. Arteixo.
Hoxe xoves, ás 21:00 horas no Pazo dos Deportes disputará o equipo senior de 2ª división o seu primeiro amigable de pretempada contra o Fundación Culleredo, equipo dirixido por David Castañón, que disutará esta tempada a 3ª división mascuina.
Será unha boa pedra de toque para o equipo de Fran Lozano, moi renovado con respecto da tempada anterior, na que quedaron primeiros do Grupo Norte da 2ª división e subcampións de liga.
O domingo pola tarde, ás 17:00 horas no IES Agra de Leborís de A Laracha, o equipo senior de 4ª división comezará os seus amigables de pretempada ante o C.B. Laracha. O equipo de Germán Lozano buscará continuar coa súa liña ascendente en canto ó xogo iniciada a tempada pasada e seguir pulindo detalles propios da pretempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario