O primeiro test de pretempada do equipo junior saldouse cunha derrota pola mínima ante o A. X. Sagrado Corazón de Lugo, nun partido cos erros típicos de pretempada, moitas imprecisións nos pases, pouca calma no ataque, cansancio nas pernas,...
Comezaba o partido cos arteixáns superados no 1x1 e no rebote. Tampouco conseguían finalizar as accións de 1x1 en ataque con éxito, aínda que se creaban vantaxes con relativa facilidade. Os lucenses aproveitaban a debilidade na defensa do 1x1 dos arteixáns para chegar con vantaxe ó final do primeiro periodo (6-10).
No segundo periodo, cambiaron as tornas, os arteixáns estaban máis centrados na defensa e no rebote, e as accións de ataque conseguían finalizalas con éxito. Os visitantes non conseguían anotar con moita fluidez, estando o marcador equilibrado durante todo o periodo, aínda que se chegou ó descanso cunha pequena vantaxe para os arteixáns (24-22).
No terceiro periodo, o partido seguiu igualado nos primeiros minutos, pero un novo arreón por parte dos arteixáns, fixo que se despegasen no marcador ata chegar a unha diferenza de 9 puntos. Pero os lucenses non se rendiron, volveron a apretar en defensa e aproveitaron as vantaxes concedidas pola defensa dos arteixáns para volver a apretar o marcador ó remate do periodo (44-42).
Xa no último periodo, seguiu a igualdade no marcador, anque sempre os arteixáns por encima no marcador. Chegados ó último minuto, puxéronse os lucenses por diante no marcador cunha tripla dende a esquina tras un despiste no rebote dos arteixáns. Con 20 segundos por xogar, os arteixáns tiveron dúas opcións de lanzamento para gañar o partido, pero nin Darío primeiro nin Fabián sobre a bocina foron quen de anotar para conseguir a victoria. Finalizou o partido cun 57-58 no marcador.
Conclusións boas sobre o partido e tamén moitas cousas a mellorar, como é evidente a estas alturas de tempada.
Queremos agradecer dende aquí ó A. X. Sagrado Corazón a súa colaboración e predisposición por desprazarse ata Arteixo para disputar o partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario