martes, 4 de junio de 2013

V Xira Consorcio As Mariñas

O equipo alevín mixto do C.B. Arteixo e os nenos e nenas da Escola Deportiva Municipal de Baloncesto participarán na V Xira do Consorcio As Mariñas, que este ano se celebra en Betanzos.

A Xira está organizada polo Club Santo Domingo Betanzos, en colaboración co Concello de Betanzos e o Consorcio de As Mariñas. Os clubs participantes na Xira son:

- Concello de Abegondo
- Club Baloncesto Arteixo
- CEIP Vales Villamarín (Betanzos)
- Baloncesto Cambre
- Club Baloncesto Culleredo
- A.D. Valle Inclán (Oleiros)
- CEIP Pedro Barrié de la Maza (Sada)

Celebrarase o sábado 8 de xuño nas pistas exteriores do Pavillón Municipal de Betanzos en horario de 9:30 horas a 14:00 horas.

Disputaranse partidos a toda a pista de 10 minutos, cun descanso de 3 minutos entre partido e partido. A maiores dos partidos, tamén haberá un concurso de habilidades e sorteos entre os participantes e os asistentes de diferentes regalos.

Na categoría alevín os partidos a disputar son os seguintes:
1º partido: Vales Villamarín A - C.B. Arteixo
2º partido: C.B. Arteixo - Culleredo A
3º partido: C.B. Arteixo - Abegondo
4º partido: C.B. Arteixo - Valle Inclán
5º partido: Vales Villamarín B - C.B. Arteixo
6º partido: C.B. Arteixo - Culleredo B
7º partido: C.B. Arteixo - Cambre

Mentres que na categoría benxamín, na que competirá a Escola Deportiva Municipal, os partidos a disputar serán os seguintes:
1º partido: Vales Villamarín A - EDM Arteixo
2º partido: EDM Arteixo - Culleredo A
3º partido: EDM Arteixo - Pedro Barrié de la Maza (Sada)
4º partido: EDM Arteixo - Valle Inclán
5º partido: EDM Arteixo - Descansa
6º partido: EDM Arteixo - Culleredo B
7º partido: EDM Arteixo - Cambre


No hay comentarios:

Publicar un comentario