miércoles, 5 de junio de 2013

Torneo 3x3 Club Baloncesto Arteixo - Concello de Arteixo

O Club Baloncesto Arteixo organiza, en colaboración co Concello de Arteixo, o VIII Torneo 3x3. Este evento terá lugar o vindeiro 16 de xuño, en horario de mañá e realizarase no Pavillón Ponte dos Brozos.
Animamos a todos os xogadores e xogadoras do club, así como ós pais, nais, amigos e amigas (de 5 anos en diante) a participar e disfrutar dunha mañá practicando este deporte.

Normativa que se indicar no díptico de inscrición:

û  Poderá participar neste torneo calquera persoa que o desexe, a partir de 5 anos.

û  Os equipos estarán formados por un mínimo de 3 e un máximo de 5 xogadores/as dun grupo homoxéneo en idade. Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos, establecéndose as categorías en función das idades, non do sexo dos participantes.

û  As categorías estableceranse da seguinte maneira:

û  Pre-benxamín ð Nados no ano 2006 e posteriores(7 anos ou menos)
û  Benxamín ð Nados nos anos 2004 e 2005 (8-9 anos)
û  Alevín ð Nados nos anos 2002 e 2003 (10-11 anos)
û  InfantilðNados nos anos 2000 e 2001 (12 e 13 anos)
û  Cadete ð Nados nos anos 1998 e 1999 (14 e 15 anos)
û  Junior ð Nados nos anos 1996 e 1997 (16-17 anos)
û  Senior ð Nados no ano 1995 e anteriores (máis de 18 anos)

As idades dos compoñentes dos equipos serán homoxéneas, e a poder ser dentro destas franxas. Se é necesario, aceptarase que un xogador poida xogar na categoría inmediatamente superior á que lle corresponda.

û  Para inscribirse correctamente débese cubrir o cupón que se achega cos datos de tódolos xogadores, e entregalo na oficina do C.B.Arteixo (no Pazo dos Deportes) ou ben envíalo por correo electrónico a club.baloncesto.arteixo@hotmail.com

û   O prazo de inscrición remata o xoves 13 de Xuño do 2013.

û  Este torneo 3x3 desputarase en horario de mañá.

û  Os horarios dos partidos estarán a disposición de todos a partir do venres 14 de Xuño no Pazo dos Deportes de Arteixo, así como o regulamento do torneo. Tamén os enviaremos por correo electrónico a aqueles xogadores que nos faciliten o seu enderezo.



TODOS OS XOGADORES MENORES DE 18 ANOS, DEBEN ACHEGAR A AUTORIZACIÓN ASINADA POLO PAI/NAI.





No hay comentarios:

Publicar un comentario