Junior Masculino: Maristas 57-44 C.B. Arteixo
Sábado ás 18:00 horas no Pavillón do Colexio Maristas de A Coruña.
Partido correspondente á primeira semifinal da Copa Primavera Junior Masculino.
Saíron moi concentrados e intensos os xogadores de Germán, que rapidamente endosaron un parcial de 2-8 ós locais, obrigándoos a pedir tempo morto. Á volta dese tempo morto, os Maristas subiron a súa defensa e dificultaron o movemento de balón dos arteixáns, chegando cunha mínima vantaxe os arteixáns ó final do primeiro periodo (12-14). no segundo e terceiro periodo, o acerto dende o triple dos locais (8 en total) e as perdas de balón dos arteixáns fixeron que a diferenza no marcador a favor dos locais se fose ós 20 puntos mediado o terceiro periodo. Pouco a pouco os arteixáns foron rebaixando a diferenza, pero non foron capaces de reducila por debaixo dos 10 puntos, polo que a victoria foi para os locais, quedando o marcador definitivo en 57-44.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (0), Edu (5), Eloy (0), Nico (2), Manu (8), Damián (2), Diego (2), Jacobo (9) e Fabián (16).
Na segunda semifinal, disputada o sábado ás 20:00 horas, enfrontárose o Liceo La Paz e o Culleredo, con victoria para Liceo por 62-60 nun partido moi igualado durante os 40 minutos, que se decidiu nos últimos instantes cunha tripla de Liceo unha gran acción defensiva rematada en tapón para que os de Culleredo non puidesen empatar o partido.
A final disputouse o domingo ás 19:30 horas tamén en Maristas entre Maristas e Liceo.
A primeira metade foi moi igualada, chegándose ó descanso cun 42-41 a favor de Maristas. No terceiro periodo, o acerto de cara ó aro de Maristas e as perdas de balón de Liceo deron 10 puntos de vantaxe ós locais, pero o empuxe de Liceo fixo que a diferenza quedase en 3 puntos ó remate do terceiro periodo (57-54). No arranque do último periodo, Maristas volveu a colocarse cunha diferenza de máis de 10 puntos no marcador, que mantivo ata o final a pesar dos esforzos dos xogadores de Liceo por reducir a vantaxe. Rematou o partido cun 79-63 no marcador.
Dende aquí queremos felicitar ós xogadores e corpo técnico do Club Maristas Baloncesto pola súa victoria.
Cadete: BCA 97 74-38 C.B. Arteixo
Domingo ás 10:00 horas no Polideportivo do Ventorrillo de A Coruña.
Partido correspondente á volta dos cuartos de final da Copa Primavera Cadete Masculino, no que os xogadores de Jose tiñan unha desvantaxe de 3 puntos do partido de ida.
Comezou o partido cos dous equipos tanteándose, pero sempre con BCA por encima no marcador. No segundo periodo, o acerto dende o triple dos locais fixo que a vantaxe ó descanso fose superior ós 10 puntos a favor de BCA. No terceiro periodo, os arteixáns aguantaron físicamente o nivel de BCA, pero non foron quen de reducir a vantaxe no marcador, que seguía por encima dos 10 puntos. Xa no último periodo, o cansanzo dos arteixáns e o nivel de acerto de BCA dende o triple fixo que a vantaxe se disparase no marcador ata chegar á diferenza final de 36 puntos (74-38).
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel Cruz, Darío, Natahel, Juanlu, Jonathan, Miguel Díaz, Javi e Antón.
Alevín mixto: Emilia Pardo Bazón Los Rosales 64-30 C.B. Arteixo
Domingo ás 12:30 horas no Polideportivo Agra II de A Coruña.
Partido correspondente á terceira xornada do Grupo A da Copa Primavera Alevín Masculino.
Difícil papel para os nenos e nenas de Arkaitz, que se atoparon un equipo superior físicamente e que ademais só puido contar con 6 efectivos para o partido.
A diferenza no marcador foi aumentando paulatinamente periodo a periodo ata chegar á diferenza final de 34 puntos.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Víctor, Laura, Simón, Raúl, Anaís e Yago.
Con estes partidos, remata a competición oficial para tódolos equipos do Club Baloncesto Arteixo.
Dende o Club, queremos agradecer a tódolos compoñentes do mesmo, xogadores e xogadoras, familias, adestradores e colaboradores todo o traballo e a implicación durante estes 8 meses de adestramentos e partidos.
En próximas datas informaremos sobre a Xira do Consorcio de As Mariñas, que se celebrará en Betanzos, así como o resto de eventos organizados polo club nas datas de verán:
- 3x3 organizado polo Club en colaboración co Concello de Arteixo
- Día do Deporte na Rúa en Arteixo
- Campus de Verán do C.B. Arteixo-Concello de Arteixo
- 1º Campus de Tecnificación C.B. Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario