Partido xogado o sábado ás 20:00
horas no CEIP Esteiro de Ferrol entre o Termiset Irmandiños e o C.B. Arteixo, correspondente
á volta dos 1/4 de final da Copa Primavera senior masculino. Partían os
ferroláns con 37 puntos de vantaxe do partido de ida.
Comezaba o partido ben para os
arteixáns, cun inicio moi acertado e conseguindo as primeiras vantaxes no
marcador. A partir do 3-9 no marcador, os locais anotaron dúas triplas
consecutivas, mentres que os arteixáns menguaban o seu acerto. Unha falta sobre
unha tripla lanzada no último segundo deu a máxima vantaxe ós locais, 17-10, ó
rematar o periodo.
No segundo periodo, os arteixáns
seguían a realizar un bo xogo de ataque, pero na defensa non conseguían axustar
ben ante o movemento de balón local. Aumentaba a diferenza a favor dos locais,
pero non deixaban os arteixáns que se fosen moito no marcador. Ó descanso o
electrónico sinalaba un 34-23.
Á volta do descanso, os arteixáns conseguiron achegarse ata os 4
puntos de desvantaxe, pero o acerto dos locais dende a liña de 6,75, fixo que se
estirase a diferenza ata case os 20 puntos ó remate do periodo, que finalizou
54-35.
O último periodo, igual que no
partido de ida, foi un castigo para os arteixáns, nulos de cara ó aro e
perdendo moitos balóns ante a presión local. A vantaxe foise por riba dos 30
puntos sen que o traballo dos arteixáns poidese reducila. Rematou o partido cun
71-39 no marcador.
Con esta derrota, finaliza a tempada
para o C.B. Arteixo. Hai moitas lecturas positivas desta tempada, sobre todo en
canto ó nivel de traballo e compromiso de todo o equipo.
C.B. Irmandiños
Alvariño (10), Constenla (0),Franco
(0), Juan (7), Suárez (16), Corral (17), Permuy (10), Aboal (1), D Ruibal (4),
S Ruibal (6)
Ad: Javier Uría
C.B. Arteixo
Edu (2), Juan (5), Manu (16), Fabián
(4), Pavo (0), Víctor (6), Arkaitz (4), Dylan (2), Adrián (0), Pablo (0)
Ad: Germán Lozano
No hay comentarios:
Publicar un comentario