jueves, 9 de mayo de 2013

Partidos para a fin de semana do 11 e 12 de Maio e tamén entre semana o 14 e 15 de Maio


Esta fin de semana volve a competición para tódolos nosos equipos de categorías inferiores, posto que ámbolos dous equipos senior xa remataron a súa tempada.

Destacar que nesta fin de semana, o sábado pola tarde, o C.B. Arteixo organizará en colaboración coa Delegación Coruñesa de Baloncesto a xornada 1 da Copa Primavera Alevín Masculina e Feminina. Disputaranse 6 partidos repartidos nas tres pistas transversais das que dispón o Pazo dos Deportes de Arteixo, en horarios de 17:00 horas e 19:00 horas.

Comezaremos pola xornada dos máis pequenos, o C.B. Arteixo alevín mixto, que disputarán a súa primeira xornada do grupo de Copa Primavera no Pazo dos Deportes de Arteixo. Tratarán os nenos e nenas de Arkaitz de continuar coa mellora reflexada no último partido coa primeira victoria da tempada. O partido comezará ás 19:00 horas e o rival será o Compañía de María de A Coruña.
O C.B. Arteixo está encadrado no grupo 1 co Basquet Coruña 01, o Emilia Pardo Bazán Rosales e o Compañía de María. Xogarase a unha volta e o primeiro clasificado terá pasaporte para as semifinais do torneo, que se disputará en formato de Final a 4.

O C.B. Arteixo infantil feminino comezará a súa andaina na Copa Primavera Infantil Feminina contra o Calasancias, duro rival para as nenas de Andrea. A eliminatoria de 1/8 de final disputarase nunha dobre xornada esta fin de semana. O primeiro partido disputarase o sábado ás 12:30 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. mentres que o partido de volta disputarase no Colexio Calasancias de A Coruña o domingo ás 12:00 horas.

O C.B. Arteixo infantil masculino comeza a Copa Primavera Infantil Masculina ante o Culleredo. O partido de ida dos 1/8 de final disputarase o sábado ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de O Burgo. Difícil eliminatoria para os xogadores de Edu, que xa se viron as caras contra este rival na fase regular con sendas victorias para os cullerdenses.

O C.B. Arteixo cadete disputará a súa eliminatoria de 1/4 de final da Copa Primavera contra o BCA 98. O partido de ida da eliminatoria disputarase o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Difícil papeleta para os xogadores de Jose, xa que o equipo coruñés conta os seus partidos por victorias na fase regular. De tódolos xeitos, tratarase de realizar un bo papel e intentar clasificarse para as semifinais da competición.

O C.B. Arteixo junior xogará en dobre xornada a súa eliminatoria de 1/4 de final da Copa Primavera contra BCA 96. Por petición do equipo coruñés, modificáronse os horarios e a eliminatoria xogarase entre semana. O partido de ida disputarase o martes 14 de Maio ás 20:30 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Mentres que o partido de volta disputarase o mércores 15 de Maio ás 20:30 horas no Polideportivo do Ventorrillo de A Coruña.
Preséntase unha eliminatoria igualada vistos os anteriores enfrontamentos entre os dous equipos, con dúas victorias para BCA por unha marxe de menos de 10 puntos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario