miércoles, 22 de mayo de 2013

Partidos para a fin de semana do 25 e 26 de Maio

Só quedan 3 equipos do club en competición, posto que o senior de 2ª división rematou a liga o 28 de Abril e os equipos senior de 4ª división, infantil masculino e infantil feminino quedaron apeados das súas respectivas Copa Primavera.

O primeiro equipo en xogar será o C.B. Arteixo junior, que disputará a Fase Final da Copa Primavera Junior Masculina xunto co Liceo La Paz, o Culleredo e o anfitrión, Maristas Coruña. Xogarase nun formato de semifinais e final, que se disputarán no Pavillón do Colexio Maristas de A Coruña.

A primeira semifinal enfrontará ás 18:00 horas ó Maristas Coruña contra o C.B. Arteixo. Será o terceiro partido que disputen estes dous equipos nesta tempada, con dúas victorias para Maristas. Prevese un partido moi difícil para os xogadores de Germán. Tamén será un partido igualado, anque con certa vantaxe para os locais por xogar no seu campo, no que é moi difícil levarse a victoria, e por xogar ante a súa afición.

A segunda semifinal enfrontará ás 20:00 horas ó Liceo La Paz e ó Culleredo. Tamén se prevé un partido igualado. Anque os dous equipos non se enfrontaron nesta tempada, o Liceo La Paz ven de eliminar ó Norinver Narón, segundo clasificado do Grupo A1 da Liga Regular Coruña-Ferrol, no que estaban encadrados Maristas (3º), Culleredo (4º) e C.B. Arteixo (7º).

Os dous equipos que gañen o seu partido, enfrontaranse o domingo ás 19:30 horas na Final da Copa Primavera Junior Masculina, tamén no Pavillón do Colexio Maristas de A Coruña. Non haberá partido polo 3º e 4º posto.

Xa na xornada do domingo, o C.B. Arteixo cadete disputa o seu partido de volta dos cuartos de final da Copa Primavera Cadete Masculina contra BCA 98. O partido disputarase ás 10:00 horas no Pavillón do Ventorrillo de A Coruña. Terán que remontar 3 puntos os xogadores de Jose para poder acceder ás semifinais e poder optar ó título de Copa.

Pecha a xornada o C.B. Arteixo alevín mixto, que disputará o seu último partido do Grupo A da Copa Primavera Alevín Masculina ante o Emilia Pardo Bazán-Los Rosales. O partido comezará ás 12:30 horas no Pavillón Agra II de A Coruña. intentarán os nenos e nenas de Arkaitz de volver ó bo xogo despregado no primeiro partido de Copa para poder levarse a victoria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario