jueves, 16 de mayo de 2013

Alevín mixto: C.B. Arteixo 65- Compañía de María

Partido disputado o sábado ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

Primeiro partido do Grupo A da Copa Primavera Alevín Masculina.

Victoria contundente para os nenos e nenas de Arkaitz, que despregaron un gran xogo. Moita intensidade na defensa e buscando o contraataque e as opcións de 1x1 para ir pouco a pouco ó longo do partido aumentando a diferenza no marcador.

Hai que destacar o gran esforzo realizado polos xogadores e xogadoras e a súa gran mellora no xogo dende que comezou a tempada grazas ó seu compromiso nos adestramentos e nos partidos.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Víctor, Anaís, Simón, Elías, Raúl, Laura e Yago.

No hay comentarios:

Publicar un comentario