Partido de ida dos cuartos de final
da Copa Primavera Junior Masculina.
Comezaron os xogadores de Germán
mandando no marcador cun parcial de 7-1 en 3 minutos, provocando un tempo morto do entrenador visitante. A partir deste momento, os visitantes foron apretando o marcador grazas a catro triplas e os arteixáns perderon o acerto no ataque para chegar ó final do primeiro periodo cunha vantaxe de 7 puntos a favor dos visitantes (9-16).
O segundo periodo caracterizouse polo acerto de cara ó aro dos dous equipos, xa que as defensas non conseguían parar ós ataques e as perdas de balón sucedíanse por parte de ámbolos dous equipos. Con todo esto, os visitantes seguían con vantaxe ó descanso (24-33).
O terceiro periodo foi moi igualado, pero os equipos non estaban nada acertados de cara ó aro. As defensas ían impoñéndose ós ataques (o parcial do periodo foi 9-9). Con esto chegouse ó final do terceiro periodo cun 33-42 que parecía deixar sentenciado o partido a favor dos visitantes.
Pero non foi así, no último periodo a defensa dos arteixáns seguiu mantendo a súa intensidade e os visitantes non estaban acertados de cara ó aro. Mentres que no ataque, os arteixáns nulos no lanzamento exterior, pero fortes no rebote ofensivo e nas penetracións, o que facía que o marcador se apretase, pero sempre cos visitantes por encima no marcador. A falta de un minuto, os arteixáns colocáronse cunha desvantaxe de un punto, pero non foron capaces de anotar no seguinte ataque, o que aproveitaron os visitantes para deixar a diferenza final en 2 puntos (47-49)
A eliminatoria queda aberta para o
partido de volta en A Coruña, o cal dará acceso ás semifinais da Copa Primavera.
C.B. Arteixo:
Darío,
Edu, Eloy, Nico, Manu, Damián, Diego, Adrián, Jacobo e Fabián
Ad: Germán Lozano
BCA 96:
Fernández, Pardo, Arcas, Crespo, Millán, Fraga, Lomgueira, e Roca
Ad: Nacho Pena
No hay comentarios:
Publicar un comentario