jueves, 16 de mayo de 2013

Cadete: C.B. Arteixo 43-46 BCA 98


Partido disputado o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

Partido de ida dos cuartos de final da Copa Primavera Cadete Masculina.

Bo partido dos xogadores de Jose, que se enfrontaban a un rival que non coñecía a derrota nesta tempada. 

Plantearon os arteixáns unha boa defensa durante os 40 minutos e con agresivos 1x1 no ataque, os arteixáns mantiñan o partido igualado, incluso conseguindo vantaxes no marcador. 

Esta igualdade reinou durante todo o partido, con vantaxes curtas para ámbolos dous equipos que non superaban os 6 puntos de vantaxe para ningún dos dous equipos. Unha tripla dos visitantes co marcador empatado a 10 segundos do final puxo a definitiva vantaxe de 3 puntos, o 43-46.

A eliminatoria está moi igualada para o partido de volta, que se celebrará o 25 ou 26 de maio en A Coruña.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel C, Darío, Natahel, Juanlu, Jonathan, Miguel D, Javi, Leo e Antón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario