Partido disputado o venres ás 19:30
horas no Pazo dos Deportes de Arteixo entre o C.B. Arteixo e o Tirso de Molina
de Ferrol, correspondente á quinta e última xornada da segunda fase da liga.
Partido que a priori non presentaba
moitas complicacións para os de Arteixo, xa que o equipo de Ferrol é o colista
da categoría.
Unha vez comezado o partido e como
ven sendo habitual, os de Arteixo saíron fortes no ataque e ordenados tanto na
defensa como no ataque. Endosaron un 6-0 en menos de minuto e medio de xogo, o
que provocaba o primeiro tempo morto visitante. As fortes defensas a toda pista
dos dous equipos e o alto ritmo de xogo levaron a finalizar o primeiro periodo
cun 19-16.
No segundo periodo, coas pilas máis
desgastadas por ámbolos dous equipos e con bastantes faltas persoais acumulada
por parte dos locais, produciuse un baixón importante tanto no ritmo do xogo
como no acerto de cara ó aro. Aínda así, os de Arteixo conseguiron aumentar un
pouco a diferenza no marcador. Chegouse ó descanso cun 38-31 no marcador.
Pouco tempo tiveron os equipos para
descansar (5 minutos) e xa iniciado o terceiro periodo, púidose observar que
ámbolos dous equipos tiñan poucas enerxías á hora de correr, o que derivou en
pouco acerto de cara ó aro por parte dos dous equipos, propiciando ó final do
mesmo un tanteo bastante baixo (9-10), deixando o marcador nun 47-41 ó rematar
o periodo.
No último periodo intentouse subir o
ritmo de xogo, pero a fatiga e a acumulación de faltas mantivo a mesma dinámica
de xogo que no periodo anterior. Pouco acerto de cara ó rival por parte dos de
Arteixo, escasa circulación de balón en ataque e malas eleccións no 1x1
provocaban que se estrelasen contra a defensa dos ferroláns. A pesar de perder
o parcial do periodo (13-15) conseguiuse a victoria pero sen poder disfrutar
dunha boa sensación de xogo ó longo do partido.
Destacar que o equipo finaliza esta
segunda fase como primeiros de grupo, deixando moi boas sensacións sobre a
mellora e a evolución ó longo de toda a tempada. Agora só queda seguir traballando
e esperar o comezo da Copa Primavera, que está previsto para a fin de semana do
4 e 5 de Maio.
C.B. Arteixo
Jose, Isma, Víctor, Carlos, Mario,
Jose Aimán, Dani, Jacobo.
Non xogou Hugo por lesión.
Ad: Edu Albitre
No hay comentarios:
Publicar un comentario