Esta xornada comeza
o mércores 1 de Maio, co partido de ida dos oitavos de final da Copa Primavera
junior masculina. Debutará o C.B. Arteixo
junior contra Fogar de Santa Margarida. O partido disputarase ás 16:00
horas na Polideportiva de Riazor 1. Preséntase unha eliminatoria favorable para
os xogadores de Germán, xa que nos dous partidos anteriores os arteixáns
conseguiron a victoria dun xeito cómodo e cun bo nivel de xogo.
Xa na fin de semana
darán comezo as Copas Primavera para o C.B.
Arteixo alevín mixto, o C.B. Arteixo
infantil feminino e o C.B. Arteixo
infantil masculino. Aínda estamos pendentes da confirmación de horarios e
rivais por parte da Delegación Coruñesa de Baloncesto.
O sábado ás 20:00
horas no Pavillón do CEIP Esteiro de Ferrol, o C.B. Arteixo senior de 4ª división visitará ó C.B. Termiset
Irmandiños no partido de volta da eliminatoria de cuartos de final da Copa
Primavera senior masculina. Difícil envite terán os xogadores de Germán para
poder superar a eliminatoria, xa que a derrota sufrida o domingo pasado por 37
puntos de diferenza deixa unha marxe moi grande ós ferroláns para poder superar
a eliminatoria.
Pecha a xornada o C.B. Arteixo cadete, que visitará ó
Compañía de maría o domingo ás 16:30 horas no Pavillón do Colexio Compañía de
María. Os xogadores de Jose parten cunha vantaxe de 17 puntos acadada no
paritdo de ida disputado no Pazo dos Deportes de Arteixo, polo que intentarán
plantexar un partido similar ó da pasada semana para vencer a eliminatoria e ter
dereito a disputar os cuartos de final.
O C.B. Arteixo senior de 2ª división xa
rematou a súa tempada, polo que non disputará máis partidos ata a vindeira tempada.
Conseguiron os xogadores de Fran Lozano a mellor clasificación dos últimos anos
do club, ó rematar Subcampión da 2ª División Senior Masculina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario