Partido disputado o sábado ás 12:30 horas no Polideportivo de A Sardiñeira de A Coruña entre o C.B. Arteixo e o BCA 2001, correspondente á segunda xornada do Grupo A da Copa Primavera Alevín Masculina.
Duro correctivo para os nenos e nenas de Arkaitz, que se viron superados en todo momento por BCA.
Difícil o tiñan os xogadores e xogadoras de Arkaitz, posto que a intensidade defensiva e a agresividade no 1x1 en ataque de BCA facían que conseguisen boas posicións de lanzamento preto da canastra e contraataques en 1x0.
Pola súa banda, os arteixáns intentaban circular o balón para aproximarse ó aro, pero tiñan que suar tinta para conseguilo. Moitas imprecisións no pase e despistes defensivos, que facilitaban o traballo dos xogadores de BCA. Pouco a pouco os arteixáns eran capaces de anotar, pero os de BCA xa ían por diante no marcador con claridade.
A distancia no marcador aumentaba gradualmente en cada periodo, facendo moi complicado que os arteixáns se metesen no partido e poidesen ter opcións de gañar.
A próxima semana, disputarán o último partido do grupo contra o CD Los Rosales.
C.B. Arteixo:
Víctor, Laura, Simón, Elías, Raúl, Anaís e Yago.
Ad: Arkaitz Collazo
No hay comentarios:
Publicar un comentario