Partido xogado o domingo ás 19:00
horas contra o C.B. Irmandiños de Ferrol no Pazo dos Deportes de Arteixo.
Partido correspondente á ida dos cuartos de final da Copa Primavera senior
masculino.
Comezaba o partido mal para os
arteixáns. Nulos en intensidade, perdendo balóns continuamente, permitindo
infinidade de rebotes ofensivos,… polo que os ferroláns pronto colleron vantaxe
no marcador. A medida que ían pasando os minutos, os de Arteixo paliaban esa
falta de intensidade e no ataque conseguían boas opcións de lanzamento para
poder anotar. Así chegouse ó final do periodo cun 14-19 a favor dos de Ferrol.
No segundo periodo, os arteixáns
mantiñan a intensidade no xogo, pero non eran capaces de recortar diferenzas,
sobre todo grazas ós rebotes ofensivos logrados polos visitantes (gran lacra
para os de Arteixo). Mantíñase o marcador con vantaxe visitante, pero as
diferenzas non sobrepasaban os 10 puntos salvo ó final do periodo, chegándose ó
descanso cun 26-37 no marcador.
Á volta do descanso, máis do mesmo,
os arteixáns con intensidade, pero sen ser capaces de reducir diferenzas debido
á superioridade no rebote visitante, que lle facía ter moitas opcións de
lanzamento. Tamén as perdas de balón fixeron que os arteixáns non poidesen
anotar con comodidade. Finalizou o periodo cun 36-54 no marcador.
O último periodo foi o que rompeu
definitivamente a eliminatoria cun parcial de 8-27. Os arteixáns non foron quen
de superar a presión a todo campo visitante, perdendo infinidade de balóns que
se traducían en contraataques para os visitantes. Rematou o partido con 37
puntos de diferenza (44-81) a favor dos ferroláns, que foron demasiado castigo
para a actitude mostrada polos de Arteixo durante gran parte do partido.
Destacar o debut do xogador do
equipo junior Jacobo co equipo, que aportou 10 minutos de bo xogo pero sen
acerto de cara ó aro.
A próxima semana, presumiblemente o
sábado ás 20:00 horas, o C.B. Arteixo vistará o CEIP Esteiro de Ferrol para
xogar o partido de volta da eliminatoria. Moi difícil papeleta, por non dicir
imposible, para os de Germán poder remontar a eliminatoria.
C.B. Arteixo
Germán (2), Cotelo (4), Juan (3), Manu
(6), Jacobo (0) Pavo (11), David (6), Arkaitz (6), Dylan (2), Adrián (1), Héctor (3),
Pablo (0)
Ad: Germán Lozano
C.B. Irmandiños
Alvariño (12), Constenla (3), Romero (6),
Franco (10), Suárez (16), Corral (10), Regueiro (2), Permuy (6), D Ruibal (4), S Ruibal
(12)
Ad: Javier Uría
No hay comentarios:
Publicar un comentario