Recibía o C.B. Arteixo o domingo ás
17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo ó Compañía de María de A Coruña, no
partido de ida dos oitavos de final da Copa Primavera cadete masculino.
Presentábanse os arteixáns con tres
baixas para o partido, o que facía que a rotación fose só de tres xogadores.
Aínda así, o gran traballo realizado por tódolos compoñentes do equipo fixo que
os arteixáns se levasen o partido.
O primeiro periodo foi o peor dos
arteixáns, erros baixo o aro, malas situacións de tiro, sen pechar o rebote
defensivo,… Todo esto provocou un tempo morto, despois do cal saíron coas pilas
cargadas para traballar na pista ó nivel ó que están acostumbrados. Aínda así,
non foron capaces de colocarse por diante no marcador, xa que os colexiais
aproveitaban as súas vantaxes no rebote ofensivo e nos despistes defensivos dos
locais. Rematou o periodo con vantaxe visitante por 10-12.
No segundo periodo, os arteixáns
conseguiron pechar o rebote defensivo grazas á intensidade que puxeron no xogo.
Por outra parte, no ataque a circulación de balón, os contraataques e o bo
ataque contra a zona colexial fixeron que se conseguisen accións fáciles de
lanzamento cunha gran porcentaxe de acerto. O parcial do periodo (19-3) poñía
todo de cara ó descanso. O marcador sinalaba un 29-15 para os de Arteixo.
Á volta do descanso, o cansancio xa
se notaba nos arteixáns, que permitían máis rebotes e situacións de lanzamento
máis cómodas. No ataque continuaba a circulación de balón e o acerto de cara ó
aro, aumentando a vantaxe no marcador, pero sen que esta superase os 20 puntos.
Rematou o periodo cun 47-31 no marcador.
O último periodo foi moi similar ó
terceiro, coa salvedade de que os arteixáns conseguiron colocarse cunha vantaxe
superior ós 20 puntos, pero os colexiais cun parcial nos últimos dous minutos
deixaron a diferenza nos 17 puntos finais. Rematou o partido co 63-46 no
marcador.
A próxima semana disputarase o
partido de volta no Colexio Compañía de María de A Coruña en día e hora por
determinar.
C.B. Arteixo
Miguel C; Darío; Natahel; Juanlu;
Jonathan; Javi; Leo e Antón.
Ad: Germán Lozano
Ad: Jose Ríos
No hay comentarios:
Publicar un comentario