Partido disputado o domingo ás 19:00
horas no Polideportivo do Ventorrillo de A Coruña.
Buscaban os xogadores de Fran Lozano
conseguir a victoria que confirmase o primeiro posto do grupo norte con vistas
a poder ser campións da competición..
Derrota contundente e sen discusión
ningunha por 89-46. 43 puntos de diferenza que deixan claro o que pasou no
partido. Os locais xogaron dende o principio e os de Arteixo apenas apareceron
na pista e, cando o intentaron, o desacerto foi a nota dominante.
O principio do partido xa daba unha
idea do que ía pasar: 6-0 con tres canastras fáciles dos locais e dúas perdas
consecutivas dos visitantes. Aínda así, ó final do cuarto o resultado era o
mellor para os arteixáns, xa que o partido seguía o ritmo marcado por CBA.
O segundo periodo segue polo mesmo
camiño, os locais marcan o ritmo e xogan moi fluido, anotando con facilidade en
penetracións que non son capaces de parar os arteixáns e grazas tamén a cómodos
lanzamentos exteriores. Ó descanso, 17 puntos de diferenza e a sensación de que
o partido xa tiña gañador.
Pero o peor estaba por chegar para
os arteixáns. Continuos erros no ataque e incapaces de defender medianamente
ben, a distancia no marcador foi aumentando e os de Arteixo baixaron os brazos
completamente. O resultado ó final do terceiro periodo (68-38) o dicía todo.
O último periodo segue coa mesma
tónica, os locais xogando a pracer e os visitantes agardando que o partido
rematase o antes posible.
Ó final, os mencionados 43 puntos de
diferenza e unha mala sensación no equipo arteixán.
Aínda con todo esto, o domingo no
horario habitual das 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo, o C.B.
Arteixo ten a posibilidade de acadar o primeiro posto do grupo se son capaces
de gañar ó C.B. I. Rosalía de Castro de Santiago. No caso de ser primeiros,
xogaremos contra o primeiro clasificado do grupo sur (Seis do Nadal ou Allariz)
a eliminatoria final da liga. No caso de caer derrotados, unha derrota do C.B.
Celtas de Foz tamén nos daría o primeiro posto na clasificación.
CBA
Vázquez (16), Cabanas (8), Pernas
(16), J Suárez (9), G Suárez (12), X Suárez (22), López (2), Alfaya (4)
Ad: Ramón García
C.B. Arteixo
Rober Garnelo (2); Iván (4); Álex (11);
Guille Conchado (5); Manu (8), Edu (11); Rober Vilariño (1); Mindi (2); David (2)
Ad: Fran Lozano
No hay comentarios:
Publicar un comentario