Visitaban os arteixáns ás 12:00
horas o Pavillón Municipal Sofía Toro de Cambre nun duelo no que se decidía
quen ocupaba a primeira posición do grupo A4 da categoría junior. Os cambreses
partían coa vantaxe de 2 puntos acadada no partido da primeira volta disputado
en Arteixo (32-34).
Despois dunhas boas semanas de
adestramento, presentábanse os arteixáns cunha gran moral para afrontar o
partido.
Pero o comezo do partido non foi o
mellor, ós 5 minutos os de Cambre gañaban por 19-4. Neste punto de inflexión,
dous tiros libres e unha tripla de Manu fixeron reaccionar ós de Arteixo.
Aumentaron o nivel defensivo e a intensidade no xogo, chegando ó final do
primeiro periodo cun 23-17 no marcador.
No segundo periodo, mantívose a
producción ofensiva por parte dos dous equipos aínda que as defensas eran boas.
Os arteixáns conseguían superar a presión cambresa mediante pases e movemento
dos xogadores ó tempo que conseguían bastantes rebotes defensivos (dos poucos
que había). Chegouse ó descanso co marcador e o xogo moi igualados, 41-41 e
todo por decidir na segunda metade.
Á volta do descanso, a intensidade
dos arteixáns disminuiu e os cambreses aproveitaron para distanciarse no
marcador por 5 puntos. Pero a volta da intensidade do segundo periodo e o
control das perdas de balón fixo que os arteixáns volvesen a meterse no
partido. Os ataques seguían tendo moito acerto de cara ó aro a pesar das boas
defensas practicadas por ámbolos dous bandos. Finalizou o terceiro periodo cun
57-57 no marcador.
No comezo do último periodo,
continuou a igualdade ata o minuto 3, no cal os arteixáns tiñan unha vantaxe de
3 puntos no marcador. Neste momento unha falta non sinalada ós cambreses
traduciuse nunha falta técnica e unha descalificación a un xogador local, polo
que os arteixáns dispuxeron de 4 tiros libres e posesión, os cales se
traduciron en 6 puntos, que deixaba a diferenza en 9 puntos a falta de 7
minutos. A partir deste momento, os arteixáns souberon controlar o partido
dende a defensa (aínda que permitiron moitos tiros libres ós locais) e o
rebote, levándose a victoria para Arteixo por 73-81 e coa posibilidade de
rematar primeiros no grupo se vencen na próxima xornada.
A próxima semana, o C.B. Arteixo
recibirá ó Fogar de Santa Margarida o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos
Deportes de Arteixo.
C.B. Cambre
Loureiro (9), Vázquez (8), Cabado
(22), Rivas (0), Blanco (17), Bocelo (1), Bermúdez (6), Galego (10), Bello (0)
Ad: Diego Fernández
C.B. Arteixo
Edu (12); Eloy (1), Nico (7); Manu (30);
Damián (9), Diego (6); Adrián (5), Jacobo (0); Fabián (11)
Ad: Germán Lozano
No hay comentarios:
Publicar un comentario