viernes, 12 de abril de 2013

Partidos para a fin de semana do 13 e 14 de Abril


Esta fin de semana terá xornada de descanso o equipo senior de 4ª división, o cal xa rematou a liga e está exento da primeira rolda da competición de copa, polo que entrará directamente nos cuartos de final da mesma e xogará contra o vencedor da eliminatoria entre o Angisu Eume e o Termiset Irmandiños de Ferrol.

A xornada do sábado só ten un partido. Será ás 17:15 horas no Polideportivo de A Sardiñeira de A Coruña co partido do C.B. Arteixo alevín mixto que disputará un cruce contra o ADFRO para decidir as posicións 21 e 22 da competición. Xogarase o partido de volta. No partido disputado a semana pasada, venceron os de ADFRO por 74 a 48..

Abre a xornada do domingo o C.B. Arteixo infantil feminino, que xogará o ás 10:00 horas no Polideportivo do Elviña 1 de A Coruña contra o BCA Maristas B. Intentarán as nenas de Andrea conseguir outra victoria e seguir coa racha iniciada a semana pasada contra ADFRO.

Tamén ás 10:00 horas do domingo o C.B. Arteixo cadete visitará ó BCA 97 no último partido da segunda fase da liga. O partido disputarase no Polideportivo do Ventorrillo de A Coruña. Tratarán os xogadores de Jose de finalizar a competición no segundo posto, conseguindo unha victoria antes de comezar a competición de Copa.

Ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo, o C.B. Arteixo senior de 2ª división recibirá ó C.B. I. Rosalía de Castro de Santiago no partido que decidirá se os xogadores de Fran Lozano rematan como primeiros a fase regular da liga. Unha victoria aseguraría o primeiro posto, mentres que no caso de caer derrotados, unha derrota do C.B. Celtas de Foz contra o Norinver Narón tamén faría que os de Arteixo finalizasen primeiros na clasificación.

Pecha a xornada o C.B. Arteixo junior, que recibirá ó Fogar de Santa Margarida ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo no que será o último partido da segunda fase da liga. Intentarán os xogadores de Germán levarse a victoria e o liderato do grupo A4 realizando un bo partido e así tamén confirmar a mellora no seu xogo e intensidade do último mes de adestramentos.

Pecha a xornada o C.B. Arteixo infantil masculino, que recibirá o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo ó BCA 2000. Intentarán os xogadores de Edu conseguir a victoria nun partido que se presume igualado, polo que terán que realizar unha boa saída do balón e estar acertados de cara ó aro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario