Recibía o C.B. Arteixo ó C.B. I.
Rosalía de Castro de Santiago no último partido da liga regular, no cal se
decidía se os arteixáns ocupaban o primeiro posto do grupo. O partido deu
comezo o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
Nesta última xornada o equipo volveu
a rendir a un gran nivel e conseguiu o obxectivo de quedar primeiros na
clasificación e así poder disputar a eliminatoria final da liga contra o C.B.
Coia Seis do Nadal de Vigo.
O partido comezou con moita
intensidade por parte local, con bastante acerto e con moita concentración.
Así, pouco a pouco, os puntos foron subindo ó marcador. Os arteixáns dominaban
o xogo nas dúas zonal e o resultado era claro ó remate do primeiro periodo,
26-18.
A pesar que o resultado era
favorable e aínda que o ritmo anotador baixaba un pouco, o nivel defensivo dos
arteixáns mantíñase e aínda se conseguía aumentar un pouco para deixar ós
rapaces de Ángel Castro en só 2 puntos en 10 minutos e chegar ó descanso co
partido case sentenciado, 42-20.
Despois do descanso, máis do mesmo.
Boa actividade defensiva que provoca moitas recuperacións de balón e canastras
fáciles en contraataques. O parcial do periodo, 30-15, provocaba que os
arteixáns dobrasen no marcador ós de Santiago (72-35).
No último periodo, mantense o nivel
de intensidade e de xogo e, co rival xa entregado, a diferenza segue aumentando
ata o 94-42 final.
A próxima semana, o sábado ás 18:00
horas no Pazo dos Deportes de Arteixo comeza a eliminatoria da final de liga,
que enfrontará ó C.B. Arteixo e ó C.B. Coia Seis do Nadal de Vigo.
C.B. Arteixo
Rober Garnelo (7); Iván (0); Diego (16);
Álex (12); Guille Conchado (8); Manu (6), Edu (20); César (8); Rober Vilariño (0);
Mindi (3); David (14).
Ad: Fran Lozano
C.B.I. Rosalía de Castro
García (7), Ferreiro (0), Barros
(5), Bouzán (4), Lago (14), Paz (2), Fernández (10)
Ad: Ángel Castro
No hay comentarios:
Publicar un comentario