Este vindeiro sábado, día 20 de abril,
realizaremos as fotografías de cada un dos equipos do club.
É preciso que todos os xogadores
estean no Pazo dos Deportes de Arteixo ás 16:15h.
Para sacar a foto de equipo, os
xogadores/as deberán levar a equipación de xogo, así como calzado deportivo.
Estas fotos faranse a todos os equipos
do club, dende a Escola Deportiva Municipal de Baloncesto, ata o equipo Senior
masc. de 2ª División.
Logo das fotos de equipo, e da foto de
familia do club, o equipo senior de 2ª División, xogará o primeiro dos dous
partidos contra o Seis do Nadal Coia, que lle darán opción a proclamarse
campión de liga, polo que agardamos que o resto de xogadoras e xogadores do
club queden a animar.
Agardamos vervos a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario