Recibía o equipo junior ó Fogar de
Santa Margarida o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo no
último partido da segunda fase da competición junior.
Comezou o partido con moitas
imprecisións no xogo por parte dos dous equipos: numerosas perdas de balón e
moitos erros en entradas á canastra durante os primeiros minutos. Os arteixáns
estaban máis serios na defensa e conseguían moitos contraataques, pero que non
eran capaces de materializar. Co paso dos minutos, e movendo o balón empezaban
os arteixáns a anotar, para rematar o primeiro periodo cun 15-4 no marcador.
No segundo periodo, a defensa dos
arteixáns non deu os mesmos froitos que no primeiro periodo e permitía que os
visitantes conseguisen varias canastras sen oposición baixo o aro. Mentres, no
ataque, os arteixáns non conseguían boas opcións de lanzar preto da canastra
debido á defensa pechada dos visitantes que non deixaban sitio dentro da zona. Chegábase
ó descanso cun 25-13 no marcador.
Comezaba a segunda metade como
remataba a primeira, gran esforzo defensivo por parte dos arteixáns, pero que
en varios despistes permitían anotar ós visitantes de forma fácil. No ataque
seguían igual, anotando grazas a contraataques xa que no ataque estático a
acumulación dos xogadores visitantes dentro da zona, non permitía realizar unha
boa circulación de balón. Chegouse ó final do terceiro periodo cun 37-24 no
marcador.
No último periodo, a defensa dos
arteixáns volveu a ser a mesma que no primeiro periodo, conseguindo canastras ó
contraataque e mediante varios despistes defensivos nos visitantes. Grazas a
esto a diferenza no marcador foi aumentando ata chegar ó resultado final de
52-30.
Destacar o gran esforzo na defensa a
todo campo realizado polos xogadores de Germán e a intensidade mostrada nos 40
minutos de partido.
C.B. Arteixo
Darío (10), Edu (4); Eloy (0); Nico
(2); Manu (7); Damián (8) Diego (2); Adrián (0); Jacobo (6); Fabián (13); Richi
(0)
Ad: Germán Lozano
Fogar Santa Margarida
Varas (5), Rioja (0), Ferreiro (-),
Reparaz (6), Roca (2), Martínez (9), Freire (6), Pardiñas (2)
Ad: Jose Ángel Lista
No hay comentarios:
Publicar un comentario