miércoles, 24 de abril de 2013

Senior 2ª división: C.B. Arteixo 58-59 C.B. Coia-Seis do Nadal


Partido disputado o sábado ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo entre o C.B. Arteixo e o C.B. Coia-Seis do Nadal.

Partido correspondente á ida da final da 2ª división senior masculina, que se disputa a unha eliminatoria de ida e volta.

Na primeira metade os arteixáns fixeron valer o seu xogo preto do aro para ir collendo diferenzas no marcador, axudados tamén polo escaso acerto dos visitantes ó longo da primeira metade.

Na segunda metade, os visitantes aumentaron o seu nivel e intensidade defensiva para ir pouco a pouco limando a diferenza do marcador. No último periodo, os visitantes puxéronse por diante no marcador e non deixaron escapar a victoria por moito que o intentaron os de Arteixo.

A próxima semana xogarase o partido de volta que decidirá o campión da liga. Será o sábado ás 20:00 horas no Pavillón de Navia (Vigo)


Adxuntamos o enlace á crónica realizada por Benito Campoy (El Noticiero de Arteixo), a quen lle agradecemos a súa colaboración, axuda e promoción do club no seu medio de comunicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario