miércoles, 24 de abril de 2013

Infantil masculino: ACB Costa da Morte 57-65 C.B. Arteixo


Partido disputado o domingo ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Cee entre o ACB Costa da Morte e o C.B. Arteixo. Contaban os de Arteixo coa baixa de Hugo por unha lesión na súa man.

Comezaba o partido cos de Arteixo completamente relaxado na defensa e con bastantes lagoas preto do aro rival, o que propiciou finalizar o primeiro periodo cun 23-13 no marcador a favor dos da Costa da Morte. Destacar a defensa zonal 2-3 dos locais durante todo o partido para tratar de frenar o ataque arteixán e que non conseguisen anotar con facilidade.

No segundo periodo, xa se intentou paliar a diferenza no marcador (12-13) pero sendo insuficiente para remontar, xa que a diferenza era bastante considerable. Chegouse ó descanso cun 35-26 no marcador, aínda con vantaxe local.

Na reanudación do partido, e despois dunha considerable posta a punto nos xogadores por parte do seu adestrador, os de Arteixo saíron coas pilas cargadas e coas armas necesarias para que no ataque poidesen anotar con maior facilidade. Aumentaron o ritmo na defensa, o que propiciou que se lograsen contraataques con maior facilidade. O adestrador local tivo que solicitar varios tempos mortos para tratar de deter a embestida dos visitantes. Pero os de Arteixo seguían concentrados e aínda se cabe, moito máis metidos en faena, xa que vían o resultado do esforzo reflexado no marcador. Ó rematar o terceiro periodo, os arteixáns poñíanse por diante no marcador grazas a un parcial de 8-22 no periodo, para deixar no marcador un 43-48.

No último periodo, os de Arteixo intentaron continuar realizando o mesmo traballo ofensivo e manter a intensidade defensiva, pero a medida que ían avanzando os minutos e que os xogadores ían cargándose de faltas, o adestrador visitante tivo que realizar bastantes rotacións nos xogadores e agotar os tempos mortos, conseguindo chegar ós minutos finais co partido case resolto. Finalizou o partido cun 57-65 a favor dos arteixáns.

A próxima semana, o C.B. Arteixo xogará o seu último partido desta fase contra o Tirso de Molina de Ferrol o venres ás 19:30 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo, con opcións de finalizar como primeiro de grupo.


C.B. Arteixo
Jose, Isma, Víctor, Carlos, Mario, Jose Aimán, Dani e Jacobo.
Ad: Edu Albitre

No hay comentarios:

Publicar un comentario