jueves, 4 de abril de 2013

Partidos para a fin de semana do 5, 6 e 7 de Abril


Esta fin de semana descansará terán xornada de descanso o equipo infantil masculino e o senior de 4ª división, o cal xa rematou a liga e está á espera de que comece a competición de copa. Tamén destaca por comezar o venres os partidos, xa que o cadete ten pendente o partido aprazado contra o C.B. Montrove.

Como ben escribía antes, comeza a xornada o C.B. Arteixo cadete o venres ás 18:45 horas no Polideportivo de Canide (Mera) para xogar o partido aprazado entre o C.B. Montrove e o C.B. Arteixo. Tratarán que vencer por 14 puntos ou máis os xogadores de Jose para optar á primeira praza do grupo clasificatorio. Para eso terán que realizar unha boa defense a controlar o rebote defensivo, lastres que axudaron á victoria dos oleirenses na primeira volta.

Abre a xornada do sábado o C.B. Arteixo infantil feminino, que xogará o sábado ás 10:00 horas no Polideportivo do Elviña 2 de A Coruña contra o ADFRO. Intentarán as nenas de Andrea conseguir a victoria que se lles escapou na anterior xornada na que caeron derrotadas por un só punto ante o Compañía de María.

Continúa a xornada do sábado ás 17:15 horas no Polideportivo de A Sardiñeira de A Coruña co C.B. Arteixo alevín mixto que disputará un cruce contra o ADFRO para decidir as posicións 21 e 22 da competición. Este será o partido de ida, mentres que o partido de volta se disputará a semana que vén. O obxectivo dos nenos e nenas de Arkaitz será o mesmo de sempre, continuar coa aprendizaxe e coa mellora mostrada dende principio de tempada para poder conseguir a victoria.

Comeza a xornada do domingo o C.B. Arteixo cadete que recibirá ó CD Los Rosales ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Intentarán os xogadores de Jose continuar coa boa liña mostrada durante todo o ano para sumar unha nova victoria no seu casilleiro e seguir optando á primeira praza do grupo de clasificación.

Pecha a xornada o C.B. Arteixo junior, que visitará ó C.B. Cambre ás 12:00 horas no Polideportivo Municipal Sofía Toro de Cambre. Partido que decidirá o primeiro clasificado do grupo. Na ida os xogadores de Germán perderon 32-34 en Arteixo, polo que intentarán plantexar un partido similar ó de ida para poder levarse a victoria cunha diferenza maior dos dous puntos que acadaron os cambreses en Arteixo.

Pecha a xornada o C.B. Arteixo senior de 2ª división, que visitará o domingo ás 19:00 horas no Polideportivo do Ventorrillo de A Coruña ó C.B.A. na penúltima xornada de liga. Cunha victoria, os xogadores de Fran Lozano conseguirían matemáticamente a primeira praza do grupo a falta dunha xornada por disputar, unha vez xa teñen o ascenso conseguido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario