Partido xogado no Polideportivo de A
Sardiñeira de A Coruña entre o ADFRO e o C.B.
Arteixo o sábado ás 17:15 horas.
Ámbolos dous equipos contaban con moitas baixas para este partido, e
tiveron que xogar baixo mínimos. Ningún dos dous equipos puido dispoñer dos 8
efectivos mínimos que marcan as bases de competición.
Comezou ben o partido para os nenos e nenas de Arkaitz, ben na defensa e
conseguindo boas accións no ataque para poder anotar con relativa facilidade.
Pero chegou un punto de inflexión, onde se baixou o nivel de intensidade
(axudados polo cansancio tamén) e os rapaces de ADFRO non deixaron escapar a
oportunidade para conseguir vantaxes ó seu favor e escaparse no marcador.
Unha vez conseguida a vantaxe, os nenos e nenas de Arteixo trataron de
axustar o marcador para poder chegar a levarse o partido, pero non foron
capaces e a victoria quedou na Coruña para os rapaces de ADFRO.
C.B. Arteixo
Raúl, Aitana, Víctor, Yago, Laura e
Simón.
Ad: Arkaitz Collazo
No hay comentarios:
Publicar un comentario