Esta fin de semana só
terán competición dous dos sete equipos do club. Os equipos alevín mixto, infantil feminino, cadete
e junior están á espera de coñecer o
inicio da Copa Primavera e os seus respectivos rivais. Pola súa banda, o equipo
senior de 4ª división está á espera
de comezar a súa eliminatoria de cuartos de final da Copa Primavera, que será a
fin de semana do 28 de Abril.
Abre a xornada o C.B. Arteixo senior de 2ª división, que
recibirá ó C.B. Coia-Seis do Nadal o sábado ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes
de Arteixo. Será o partido de ida da eliminatoria da final da 2ª división
senior masculina, unha vez que os xogadores de Fran Lozano acadaron o primeiro
posto do grupo norte.
Aproveitaranse os
momentos anteriores ó partido para realizar as fotos de cada un dos equipos do
club e a foto de familia. Tamén coa intención de apoiar ó noso equipo en tan
importante evento.
Pecha a xornada o C.B. Arteixo infantil masculino, que visitará
o domingo ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Brens (Cee) ó ACB Costa da
Morte. Os xogadores de Edu tratarán de conseguir unha nova victoria para ter
opcións de finalizar como primeiro do grupo A4 da segunda fase da 2ª división
infantil e continuar coa gran mellora acadada durante toda a tempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario