jueves, 11 de abril de 2013

Cadete: C.B. Arteixo 67-39 CD Los Rosales


Partido disputado o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo entre o CD Los Rosales e o C.B. Arteixo, xusto dous días despois e co segundo partido da fin de semana por diante.

O estado de ánimo dos arteixáns facíase notar no partido, faltos de intensidade que facía do partido que fose lento e trabado.

Aínda así, os locais comezaban fortes o partido cun parcial de 10-0, que facía que os visitantes pedisen o primeiro tempo morto do partido. Os segundos 5 minutos do primeiro periodo foron cheos de imprecisións por parte dos dous equipos, con erros baixo o aro e numerosas perdas de balón, rematando o perido cun 15-6 no marcador.

O segundo periodo foi sen dúbida o peor do partido para os locais. Moito desorde no ataque, cambiando as defensas continuamente e deixando xogadores sós. Grazas ás imprecisións dos visitantes, conseguíase manter a diferenza no marcador, chegando ó descanso 27-17.

Despois do descanso, os arteixáns modificaron a súa actividade e intensidade no partido, conseguindo despegarse no marcador para chegar ó final do terceiro periodo cun 47-28.

O último periodo foi moi similar ó terceiro, mellora da intensidade aínda con bastantes erros na defensa que concedían moitos tiros libres ós visitantes. Aínda así, as boas decisións no ataque facían que no marcador aumentase a diferenza para chegar ó final do partido cun 67-39 no marcador.

A próxima semana, o C.B. Arteixo visitará ó BCA 97 no último partido do grupo o domingo ás 10:00 horas no Polideportivo do Ventorrillo de A Coruña.


C.B. Arteixo
Miguel Cruz, Darío, Natahel, Jonathan, Miguel Díaz, Leo, Iván, Antón e Adrián.
Ad: Jose Ríos

No hay comentarios:

Publicar un comentario