Visitaba o C.B. Arteixo o domingo ás
10:00 horas ó BCA 97 no Polideportivo do Ventorrillo de A Coruña no último
partido da segunda fase da competición cadete. Este foi o cuarto enfrontamento
entre estes dous equipos na presente tempada.
Comezaba o primeiro periodo de cara
para os locais. O xogo de ataque e de defensa dos visitantes era bo, pero os
erros de cara á canastra ían sentenciando o marcador. Só ó final do periodo,
con dúas boas accións defensivas, poñíase fin ó primeiro periodo cun 9-6 no
marcador.
Con este resultado tan baixo,
ámbolos dous adestradores sabían que o partido se gañaba na defensa. Debido a
esto, as defensas subían a intensidade ata ó límite de chegar ó tope de faltas
de equipo no minuto tres. Grazas a esto e ós tiros libres concedidos BCA íase
no marcador ó descanso cun favorable 24-17.
Á volta, un forte plantexamento de
cara á canastra dos arteixáns facía que recortasen as diferenzas deixando ó
equipo local en só 6 puntos no periodo. No ataque conseguían situacións de 1x1
para poder anotar. Chegouse ó final do terceiro periodo cun 30-29 no marcador.
Co partido aínda por decidir
comezaba o último periodo, con BCA marcando o ritmo do partido. Só no minuto 3
do perido, os arteixáns sitúanse nunha defensa zonal e conseguen parar o ataque
dende o poste baixo dos locais e anular as vantaxes que tiñan nos anteriores
periodos. A falta de dous minutos e con 10 puntos de desvantaxe, os arteixáns
decidiron facer faltas e buscar ataques rápidos. Con esto conseguiron apretar o
marcador, pero o acerto local dende o tiro libre fixo que a victoria se quedase
na Coruña por 47-43.
Unha vez finalizada a competición, o
equipo está á espera de que comece a competición de Copa Primavera organizada
pola Delegación Coruñesa de Baloncesto.
C.B. Arteixo
Miguel C; Darío; Natahel; Juanlu;
Jonathan; Miguel D; Javi; Leo; Iván; Adrián; Antón.
Ad: Jose Ríos
No hay comentarios:
Publicar un comentario