Partido xogado o sábado ás 10:00
horas no Pavillón de Elviña II de A Coruña, que enfrontaba ó C.B. Arteixo e ó
ADFRO´.
Presentáronse as nenas de Arteixo
con só 5 efectivos ó comezo do partido debidio á baixa de Vicky e que Anaís
chegou tarde ó partido.
Comezaron moi ben as de Arteixo, con
rápidos contraataques e moi activas na defensa de 1 contra 1 e nas axudas. O
desacerto de cara ó aro das rapazas de ADFRO axudou a que o parcial do primeiro
periodo fose de 10-0.
No segundo periodo continuou a mesma
tónica que no primeiro, coa diferenza de que os equipos estiveron máis
acertados que no primeiro periodo. Chegouse ó descanso cun 26-5 no marcador.
Despois do descanso, coas de Arteixo
máis cansadas, igualouse máis o nivel de xogo onde houbo moitas imprecisións
nos pases e nos lanzamentos á canastra. Chegouse ó final do terceiro periodo
cun 39-13 no marcador.
O último periodo foi similar ó
terceiro, coa diferenza de que as de ADFRO estiveron máis acertadas de cara ó
aro que as de Arteixo.
Gran partido das nenas de principio
a fin, utilizando pouco o bote, moi fortes no rebote defensivo e cunha gran
intensidade nos 40 minutos. Destacar que só se permitiu un contraataque claro ó
equipo contrario, e este foi no minuto 39 de partido.
Os parciais do partido foron: 10-0;
16-5 (26-5); 13-8 (39-13); 8-11 (47-24)
C.B. Arteixo
Laura (9), Noe (2), Angélica (4),
Sonia (14), Miriam (18) e Anaís (0)
Ad: Germán Lozano e Andrea Álvarez
No hay comentarios:
Publicar un comentario