jueves, 11 de abril de 2013

Cadete: Salgado Montrove 63-39 C.B. Arteixo


Partido disputado o venres ás 18:45 horas no Pavillón de Canide en Mera entre o Salgado Montrove e o C.B. Arteixo.

Presentábase un partido complicado para os arteixáns, que só se presentaban con 9 xogadores. Comezaba o partido coas ideas moi claras na defensa por parte de ámbolos dous equipos. O ataque era outra cousa diferente, onde as defensas só daban oportunidade a algún que outro contraataque, pero un forte arreón dos locais, facía que se fosen no marcador para deixar un 14-5 ó final do primeiro periodo.

O segundo periodo foi unha copia exacta do anterior. Boa defensa durante os 5 primeiros minutos, pero a intensidade dos locais facíase notar con outro parcial favorable ós de Oleiros, o que deixaba un 33-13 no marcador ó descanso.

A segunda metade do partido comezou con varias imprecisións no ataque dos locais, o que aproveitaban os arteixáns para conseguir canastras ó contraataque que os achegaba no marcador. Pero unha vez máis, una arreón local volvía a poñer unha vantaxe elevada para os locais, que deixaba o partido visto para sentencia ó final do terceiro periodo (51-23)

O último periodo foi aproveitado polos visitantes para dar rotación a tódolos xogadores, logrando o mellor parcia do partido en canto á anotación, rematando o partido cun 63-39 no marcador.


C.B. Arteixo
Miguel Cruz, Darío, Natahel, Jonathan, Miguel Díaz, Leo, Iván, Antón e Adrián.
Ad: Jose Ríos

No hay comentarios:

Publicar un comentario