Partido disputado o domingo ás 19:00
horas no Pazo dos Deportes de Arteixo entre o C.B. Arteixo e o BCA 2000.
Para este partido, Edu contaba coa
baixa por lesión de Isma, que irá entrando pouco a pouco na dinámica de equipo
despois da súa lesión muscular e que non haxa recaída.
Comezou o partido cunha boa
actuación dos arteixáns, tanto no ataque como na defensa. Boas accións
defensivas, orde nos contraataques e boas eleccións de lanzamento deron unha
leve vantaxe no marcador. Pero a medida que ían avanzando os minutos, o equipo
víñase abaixo, sumado tamén ós cambios debido á cantidade de faltas realizadas.
Con todo esto, BCA non conseguiu distanciarse moito no marcador, que ó descanso
sinalaba un 20-27 a favor dos visitantes.
Xa na reanudación, os locais saían
mentalizados para intentar remontar o partido aumentando a intensidade, sobre
todo na defensa, presionando ben as liñas de pase e boas axudas defensivas. Os de
BCA tamén se fixeron valer realizando efectivas accións de tiro, case todas de
contraataque. Finalizouse o terceiro periodo cun 34-40 no electrónico a favor
dos coruñeses.
Antes do comezo do último periodo,
intuíase nas caras dos xogadores que algo bo ía ocorrer. Os arteixáns saíron
motivados polo seu adestrador para levarse o encontro. Dúas premisas moi
claras: morder en defensa e respirar no ataque. Con estas dúas ideas na cabeza
dos xogadores, poidéronse realizar sendas férreas defensas que provocaban
roubos de balón ó equipo contrario e contraataques que permitían anotar con
bastante facilidade. Pouco a pouco foise remontando o marcador, chegando ós
dous minutos finais con diferenzas dunha ou dúas canastras entre ámbolos dous
equipos. Nos instantes finais, grazas á boa actitude defensiva e a un par de
accións puntuais en ataque, púidose obrar o milagre de gañar o partido
remontando unha diferenza de ata 12 puntos.
Grazas á gran cantidade de público
que había nas gradas do Pazo e ó esforzo realizado durante todo o partido, os
rapaces poideron disfrutar dunha merecidísima victoria da que seguro recordarán
durante bastante tempo.
A próxima semana, o C.B. Arteixo
infantil visitará ó ACB Costa da Morte o domingo ás 19:00 horas no Pavillón
Municipal de Brens.
C.B. Arteixo
Jose, Carlos, Mario, Jose Aimán,
Hugo, Jacobo, Víctor e Dani.
Ad: Edu Albitre
Partidazo en o Pazo dos Deportes, sobre todo en el último cuarto, donde el CB Arteixo llevó a cabo una remontada apoteósica. Eso sí, el empuje desde las gradas fue fundamental, aunque llegó un momento, que se notaban en los chavales, mas nerviosos por el aliento enfervorecido del público, que el propio resultado del partido. Enhorabuena, ha sido fantástico.
ResponderEliminar