Esta fin de semana o
equipo infantil masculino non terá
xornada debido a que aínda quedan partidos aprazados por disputar de equipos
implicados no seu grupo da segunda fase.
Esta fin de semana
a xornada comeza o venres ás 21:00 horas no Pavillón de Almeiras (Culleredo) co
partido do C.B. Arteixo senior de 4ª
división. Visitará ó Dinamo CBAJ nun complicado partido debido ó rival e á
cantidade de baixas coas que conta o equipo nestas últimas semanas. Contará
Germán coa axuda de xogadores do equipo junior para volver á boa liña de xogo
que realizaba o equipo durante os meses de decembro e xaneiro.
Abre a xornada do
sábado o C.B. Arteixo junior, que
xogará o sábado ás 18:00 horas na Polideportiva de Riazor 1 contra o Fogar de
Santa Margarida o seu segundo partido na segunda fase da liga. Intentarán os
xogadores de Germán conseguir unha victoria que se lles leva resistindo moito
tempo, e que case estiveron a piques de conseguir a semana pasada.
Á mesma hora (18:00
horas), pero no Pavillón de Marzán en Foz, o C.B. Arteixo senior de 2ª división rendirá visita ó segundo
clasificado da liga. Os xogadores de Fran Lozano irán a Foz coa intención de
aumentar a vantaxe de 2 partidos que agora teñen sobre os focenses e asegurar
aínda máis a primeira praza da clasificación.
Continúa a xornada
do sábado ás 18:45 horas no Polideportivo de A Sardiñeira de A Coruña co C.B. Arteixo alevín mixto que xogará o
seu partido contra BCA Cristo Rey na procura da primeira victoria do ano para
os nenos e nenas de Arkaitz, amén de seguir mellorando como levan facendo día a
día dende que comezou a tempada..
A xornada do
domingo déixanos dous partidos á mesma hora. Ás 10:00 horas no Pazo dos
Deportes de Arteixo o C.B. Arteixo
cadete recibirá ó BCA 97. Os xogadores de Jose tratarán de conseguir a súa
segunda victoria nesta fase da liga ante un complicado rival que xa coñecen da
primeira fase.
Pecha a xornada tamén
ás 10:00 horas o C.B. Arteixo infantil feminino,
que xogará contra Compañía de María no Polideportivo de Elviña 1. Tratarán as
nenas de Andrea de levarse unha victoria para confirmar con resultados a
mellora no xogo das nenas. Será o primeiro partido da segunda fase para as
nenas, debido a que a semana pasada non xogaron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario