Dúas victorias (por fin o equipo junior conseguiu a segunda victoria da tempada) e catro derrotas (fin da racha do equipo senior de 2ª división ante o segundo calsificado) para os nosos equipos esta fin de semana.
Senior 2ª división: C.B. Celtas
86-65 C.B. Arteixo
Sábado 18:00 horas no Pavillón de
Marzán en Foz.
Difícil envite que tiñan os
xogadores de Fran Lozano, posto que se enfrontaban ó segundo clasificado da
liga e só contaban con 6 efectivos do primeiro equipo, ademais da axuda do
junior Fabián. Un ambiente incrible en Marzán (sobre 200 aficionados) levou en
volandas ós locais, quenes no terceiro periodo endosáronlle un parcial de 29-8
para deixar o partido roto por completo. Victoria merecida para os xogadores de
Pablo Castro.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron
Álex, Guille Conchado, Manu, Rober Vilariño, Mindi, David e Fabián.
Se se confirma a derrota do C.B.A.
por marchar do partido en Santiago contra o Obradoiro, o C.B. Arteixo estaría
matematicamente ascendido á 1ª División Masculina a falta de tres xornadas por
disputarse.
Senior 4ª división: Dinamo CBAJ 47-44 C.B. Arteixo
Venres 21:00 horas no Pavillón de Almeiras
(Culleredo)
Comezaba o partido con dominio dos
locais, que se facían co rebote grazas ós seus pivots (ámbolos dous por encima
dos 2 metros) endosando un parcial de 8-0 ós xogadores de Germán. Tempo morto e
reacción visitante, resolvendo pouco a pouco os problemas no rebote e
mellorando infinitamente a circulación do balón e o acerto no ataque,
chegándose ó descanso cun esperanzador 35-28 (nunha das mellores actuacións dos
arteixáns ata o momento).
Á volta do descanso unha zona 3-2 e
a falta de criterio á hora de atacar a zona por parte dos arteixáns fixo que a
vantaxe fose aumentando pouco a pouco a favor dos locais ata os 30 puntos
finais grazas á súa superioridade no xogo interior. A pesar dos esforzos por
defender esas situacións, os arteixáns foron incapaces.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Germán,
Cotelo, Juan, Manu, Pavo, Víctor, Arkaitz, Adrián, Héctor e Fabián.
Junior Masculino: Fogar de Santa
Margarida 36-49 C.B. Arteixo
Sábado 18:00 horas na Polideportiva
de Riazor II de A Coruña.
Mal partido por parte dos arteixáns
con falta de actividade e actitude durante case a totalidade do partido. As
vantaxes sempre foron a favor dos xogadores de Germán, pero ata a metade do
último periodo non conseguiron distanciarse definitivamente no marcador.
Despegáronse grazas a unha pequena dose de intensidade, que non de bo xogo,
para roubar varios balóns na presión e finalizar en situacións de 1x0.
Partido para esquecer e volver a
traballar dende cero e con intensidade ata o final da tempada.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Leo
(cadete), Eloy, Nico, Manu, Diego, Adrián, Jacobo, e Richi.
Destacar o debut do xogador cadete
Leo cunha moi boa actuación e a baixa de Fabián por atoparse en Foz xogando co
equipo senior de 2º división.
Cadete Masculino: C.B. Arteixo 68-58
Domingo 10:00 horas no Pazo dos
Deportes de Arteixo
Nova victoria para os xogadores de
Jose contra BCA 97, que xa son 3 esta tempada. A victoria baseouse na defensa e
no xogo alegre en ataque, no que cada vez que tiñan oportunidade os arteixáns
lanzaban á canastra e facíano con bastante acerto.
Esta foi a tónica do partido, agás
no terceiro periodo, no que se intentou controlar un pouco o tempo de xogo
grazas á vantaxe acadada. Esto foi un erro por parte dos arteixáns, xa que
grazas a esto e á falta de acerto de cara ó aro, os visitantes chegaron a
colocarse a 3 puntos dos locais. Volveu a cambiar o modo de xogo dos arteixáns
a ese alegre e con continuos lanzamentos, o que provocou que de novo a
vantaxe aumentase para poder chegar ó
final do partido con 10 puntos de vantaxe.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron
Miguel Cruz, Darío, Natahel, Juanlu, Jonathan, Miguel Díaz, Javi, Leo, Iván,
Antón e Adrián.
Infantil masculino:
Non tiveron xornada debido a que
aínda non comezou a segunda fase da liga. Está previsto que comece a próxima
fin de semana.
Infantil feminino: Compañía de María
38-16 C.B. Arteixo
Domingo 10:00 horas no Polideportivo
de Elviña I de A Coruña.
Bo partido en defensa das nenas de
Andrea, pero que como sempre e debido á súa escasa rotación, fixo que pouco a
pouco se menguase o acerto en ataque e que as colexiais fosen aumentando a
diferenza no marcador para rematar perdendo o partido por un tanteo abultado
como son os 22 puntos finais.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron
Anaís, Laura, Sonia, Vicky, Noelia e Angélica.
Alevín mixto: C.B. Arteixo 0-2 BCA
Cristo Rey
Sábado 18:45 horas no Polideportivo de
A Sardiñeira de A Coruña.
Só se presentaron 6 xogadores de
Arkaitz para disputar o partido por diversos motivos, polo que o partido xa
estaba perdido antes de comezar. Os 6 efectivos cos que contaban os arteixáns
fixeron un gran partido, que se lles escapou por 10 puntos de diferenza, no que
melloraron no pase e na defensa, pero que non foi suficiente para poder superar
no marcador ós de BCA. A esto tamén axudou o cansanzo debido á falta de
efectivos. Hai que seguir traballando como ata agora para que se reflexe ese
traballo nos resultados dos partidos.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Víctor,
Yago, Anaís, Simón, Raúl e Elías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario