Partido xogado contra IDEFIC no Pazo
dos Deportes de Arteixo, o domingo ás 19:00 horas.
Para este partido, Germán contaba
coas baixas de David, Pablo e Dany, polo que eran da partida Manuel e Fabián do
equipo junior.
Lamentable inicio de partido dos
arteixáns, sendo incapaces de anotar no primeiro periodo. Anotando só dous
puntos na primeria metade (de tiro libre). Pola súa banda, os visitantes saíron
moi enchufados no partido, moi agresivos na defensa de 1x1 e buscando opcións
preto do aro para conseguir canastra (cando non era de contraataque). Chegouse
ó descanso cun pésimo 2-32 no marcador.
Na segunda metade cambiou a cara dos
arteixáns, e xunto coa relaxación visitante fixo que a diferenza no marcador non
fose moi elevada. Os arteixáns puxeron intensidade na defensa, buscaron opcións
de lanzamento preto do aro e pouco a pouco foron mudando a fatal imaxe da
primeira metade. Rematou o terceiro periodo cun 12-45 para os visitantes.
O último periodo foi moi similar ó
terceiro, pero coa salvedade de que o parcial foi para os arteixáns (por sacar
algo de proveito do partido).
Moito ten que cambiar a actitude dos
arteixáns para que esto non volva ocorrer en próximos partidos.
A próxima semana o C.B. Arteixo
visitará ó Dinamo CBAJ o venres 8 de marzo no Pavillón Municipal de Almeiras ás
21:00 horas.
C.B. Arteixo
Germán (2), Cotelo (6), Juan (5),
Manu (0), Pavo (0), Víctor (0), Arkaitz (3), Dylan (0), Adrián (4), Héctor (2),
Fabián (1)
Ad: Germán Lozano
IDEFIC
Fernández (5), Acevedo (6), A
Vázquez (9), J Vázquez (6), Dapena (3), Martín (11), Timiraos (5), Niñe (8)
Ad: Iván García
No hay comentarios:
Publicar un comentario