miércoles, 20 de marzo de 2013

Infantil masculino: Ferrol C.B. 56-46 C.B. Arteixo


Partido disputado o sábado ás 16:00 horas contra o Ferrol C.B. no Pavillón Javier Gómez Noya de Ferrol. Para este partido, os arteixáns tiñan as baixas de Carlos e Ismael por lesión.

Comezaba o partido cun claro dominio dos xogadores de Edu con rápidas e ordenadas transicións, o que permitía anotar con bastante facilidade no aro rival. Finalizou o primeiro periodo cun 4-11 a favor dos de Arteixo.

No segundo periodo, e co aparente cansancio por parte dos arteixáns debido ás poucas rotacións que dispoñían, facían presaxiar un duro final do segundo periodo. Malas eleccións no lanzamento e pouca intensidade na defensa provocaron que os locais se levasen o parcia do periodo para deixar o marcador ó descanso nun 16-17 a favor dos arteixáns.

Xa iniciado o terceiro periodo e que ultimamente ven sendo a cruz para os arteixáns, intentouse saír o máis centrado posible para evitar perder o partido nun periodo debido á falta de intensidade e concentración. A pesar de todo esto, conseguiuse finalizar o terceiro periodo cun 17-14 a favor dos locais, deixando o marcador nun 33-31 para os de Ferrol.

No último periodo, saíron os arteixáns dispostos a deixarse o resto para conseguir a victoria. Gran intensidade na defensa, provocando multitude de perdas e roubos de balón no cadro departamental. Pero debido ó cansancio non se podía finalizar acertadamente de cara ó aro rival, nin anotar con facilidade no campo de ataque. A falta de tres minutos, a quinta falta de José Aimán mermou o xogo arteixán, ó que se sumou un acerto dende a liña de tres dos locais (tres triplas en 2 minutos) fixo que a distancia no marcador ó rematar o partido fose a maior durante os 40 minutos de xogo. Finalizou o partido cun 56-46 a favor do Ferrol C.B.

A pesar da derrota hai que destacar o esforzo dos xogadores ó longo de toda a tempada, xa que por diversos moitvos non se puideron completar os adestramentos coa totalidade da plantilla co que eso conleva. Gran traballo que hai que seguir realizando co mesmo esforzo e ilusión para afrontar o resto de competición e seguir evolucionando para poder acadar máis victorias nos partidos que nos quedan.


C.B. Arteixo
Jose, Víctor, Mario, Jose Aimán, Hugo, Dani e Jacobo.
Ad: Edu Albitre

No hay comentarios:

Publicar un comentario