Consumouse esta semana pasada en Foz
o ascenso de categoría para o C.B. Arteixo senior de 2ª división a falta de tres
xornadas para rematar a competición. Pese a saír derrotados da Mariña, os
xogadores de Fran Lozano, axudados pola derrota do C.B.A. en Santiago ante o
Obradoiro fixo posible dito ascenso. O C.B. Arteixo estará clasificado ó remate
da liga nunha das dúas primeiras posicións do grupo norte, as cales dan acceso
ó ascenso directo de categoría.
A victoria esta fin de semana ante o
C.D. Recimil de Ferrol e a derrota do C.B. Celtas de Foz en Carballo propicia
que os arteixáns teñan dúas victorias de vantaxe sobre o equipo da Mariña a
falta de dúas xornadas. Polo que poderán conseguir a primeira praza da liga na
próxima xornada se conseguen a victoria na pista do C.B.A., ou se o equipo de
Foz cae derrotado ante o Caferlo Viveiro.
Dende aquí queremos felicitar a
tódolos compoñentes da plantilla, adestrador e delegado de campo, así como ó
resto de xogadores do club que participaron nos adestramentos e nos partidos.
4.- Roberto Garnelo 5.- Iván García 6.- Diego Pan
7.- Álex Antelo 8.- Guille Conchado 9.- Guillle Vilanova
10.- Manu Pedreira 11.- Edu Albitre 14.- César Couto
15.- Roberto Vilariño 16.- Diego Calvo 22.- David Eirís
AD.- Fran Lozano DC.- Álvaro Martínez
Colaboraron nos adestramentos e nos partidos
os xogadores do equipo senior de 4ª división Juan Pérez, Víctor García e
Arkaitz Collazo e o xogador do equipo junior Fabián González.
¡¡¡¡¡¡PARABÉNS!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario