miércoles, 20 de marzo de 2013

Senior 4ª división: C.B. Cambre 60-38 C.B. Arteixo


Partido xogado contra o C.B. Cambre no Polideportivo Municipal Sofía Toro de Cambre ás 21:30 horas.

Comezaba o partido cos arteixáns fóra del, tendo que solicitar o primeiro tempo morto apenas transcorrido un minuto de xogo cun 6-0 a favor dos cambreses. A partir de aquí cambiou a actitude dos arteixáns, superando a presión local e axustando na defensa para igualar o partido e incluso ter pequenas vantaxes de 1 ou 3 puntos. Chegouse ó final do primeiro periodo cun 21-17 para os locais tras dúas canastras consecutivas no último minuto.

No segundo periodo aparece a debacle dos de Arteixo. Cometeron perdas de balón continuas ante a presión local (ás veces sen superar o medio campo) e cando conseguían algunha posición de tiro, esta era forzada e mal escollida. Pola súa banda, os de Cambre superaban a defensa arteixán  con Lalo surtindo o balón dende o poste alto, os 1x1 e a defensa de Maroño. Chegouse ó descanso cun 36-21 a favor dos locais.

A segunda parte estivo máis igualada. No terceiro periodo, os arteixáns máis serios na defensa e conseguindo axustar os defectos da primeira metade, e no ataque buscando boas posicións de lanzamento e conseguindo anotar con asiduidade. Aínda así, a vantaxe dos locais aumentaba en catro puntos (53-34).

O último periodo, con todo decidido, foi unha continuidade de erros en ámbolos dous ataques, tanto de pases como de lanzamentos á canastra. Pouco resumo ten máis que o parcial de 7-4. Chegouse ó final do partido co 60-38 a favor dos de Cambre.


A próxima fin de semana finaliza a liga cun derby no Pazo dos Deportes de Arteixo. Ás 19:00 horas disputarase o C.B. Arteixo-C.B. Laracha como colofón á fase regular da liga.

C.B. Arteixo
Germán (0), Cotelo (5), Juan (12), Pavo (6), Víctor (3), Arkaitz (10), Dylan (0), Adrián (2), Héctor (2), Fabián (0)
Ad: Germán Lozano

C.B. Cambre
Prieto (3), Loureiro (2), Cabado (0), Calatrava (7), Maroño (23), Blanco (0), Carral (0), París (11), Soto (8), Casteleiro (6)
Ad: Javier Soto

No hay comentarios:

Publicar un comentario