martes, 5 de marzo de 2013

Infantil masculino: BCA 2000 55-47 C.B. Arteixo


Partido disputado o sábado ás 10:00 horas no Polideportivo do Ventorrillo en A Coruña. Presentábase o equipo infantil coas baixas de Carlos e Isma por lesión, á que se lle xuntou a do adestrador Edu por gripe. Cubriu Germán a súa baixa.

Comezaba o partido ben para os arteixáns, superando a presión dos locais grazas a pases e ó movemento sen balón, que lles facía conseguir opcións de lanzamento baixo o aro, aínda que non podían materializar tódolos intentos en canastra. Pola parte local, baseaban o seu xogo de ataque no 1x1 de dous xogadores. Chegábase ó final do primeiro periodo con 4 puntos de vantaxe para os arteixáns (8-12).

No segundo periodo continuaba a mesma tónica que o primeiro, os arteixáns conseguindo boas opcións de lanzamento, aínda que con máis perdas de balón e contendo o 1x1 dos xogadores locais. Chegábase ó descanso con 6 puntos de vantaxe para os de Arteixo (24-30).

Á volta dos vestiarios, os arteixáns saíron sen a intensidade suficiente para seguir no partido, e pronto se viron debaixo no marcador. A presión local conseguía recuperar balóns, e as veces que se conseguía pasar a presión, a defensa estática e pechada dos locais facía case imposible que os arteixáns conseguisen boas opcións de lanzamento. Rematábase o periodo con vantaxe de 6 puntos para os locais (44-38).

No último periodo, os arteixáns trataron de darlle a volta ó marcador, pero non foron capaces debido ó cansancio e á falta de puntería de cara ó aro. Finalmente o resultado foi 55-47 para os locais.

Finaliza así a primeira fase da liga, á espera de coñecer a configuración e o inicio da segunda fase.


C.B. Arteixo
Jose, Víctor, Mario, Jose Aimán, Hugo, Dani, Jacobo.
Ad: Germán Lozano

No hay comentarios:

Publicar un comentario