martes, 5 de marzo de 2013

Alevín mixto: C.B. Arteixo 1-51 BCA A


Partido xogado no Polideportivo do Agra II o sábado ás 12:30 horas entre o C.B. Arteixo e o BCA A.

Difícil papeleta a que tiñan os nenos e nenas de Arkaitz ante o líder intratable do grupo. No segundo periodo os xogadores de BCA conseguían pechar o marcador, deixando en 1 só punto ós arteixáns. Cabe dicir que BCA A é un dos equipos que disputarán a liga galega alevín, polo que sería unha utopía pensar en gañar o partido.

Continuou o partido, onde os arteixáns xa fóra da presión da competición, comezaron a realizar un mellor xogo, conseguindo anotar varias canastras ó longo do resto de periodos.

Segue habendo erros nos pases e na defensa, pero estes vanse solventando pouco a pouco. Continúa a verse a mellora de todos e cada un dos nenos e nenas de Arkaitz dende o comezo da tempada.

C.B. Arteixo
Víctor, Laura, Manu, Simón, Aitana, Elías, Raúl, Anais, Roi e Yago.
Ad: Arkaitz Collazo

No hay comentarios:

Publicar un comentario